As consecuencias da descarga de GNl do gaseiro Boris Vilkitsky

Tras a descarga de GNLdo gaseiro Boris VilKitsky, o luns 29, na planta de gas de Reganosa, a conta do seu proceso de regasificación, vanse esterilizar a base de hipoclorito sódico – que supon a morte das larvas, ovos, especies, placton- 2.488.200 Tons de auga da ria e logo devolta a mesma con unha reduccion da súa temperatura de 6º C..
Hoxe en Punta Promontoiro se atopa o principal foco de contaminacion da Ría. O complexo petroquimico de Forestal del Atlantico, tamén do grupo Tojeiro, ten autorizado, pola Xunta de Galicia, verquer á Ría mais de 27 millons de Tons/ano, que non soio afectan directamente aos bancos marisqueiros de Santa Lucia, A Barca e Noville, senon ao conxunto do ecosistema e de feito a ameixa babosa xa desapereceu.
Estes nocivos verquidos industriais, se non contaran co consentímento e complicidade das Administracións para efectualos directamente á Ría, deberían pasar polo proceso de depuración e pago do canon correspondente, como sucede cos que orixinamos a cidadanía do entorno.
Nunha Ría semipechada, das características da nosa, que non soporta xa máis contaminación e máis alteracións do ecosistema, non se pode tolerar un só verquido que non vaia ao colector xeneral e ao sistema de depuración integral no que tanto presuposto se invertíu.
Explore posts in the same categories: Sen clasificar
Deixar unha resposta