Arquivo para Abril 2021

Reganosa: Incumplimento da Normativa de Seguridade

Abril 26, 2021

De novo, Reganosa incumple a Normativa de Seguridade. Hoxe está no seu peirao o Mari Energy cargando  GNL a menos de 100 metros do petroleiro Levantine Sea case da súa eslora. A normativa marca unha distancia mínima de 200 m, nestes casos, cuestión que reinteradamente se está incumplindo, co consentimento das Administracións e a vista gorda (gordísima) da Autoridade Portuaria, que é a encarda de controlalo. Feitos que este CCE ten denunciado, en numerosas ocasións, a Dirección Xeral da Mariña Mercante, que pasa tamén do tema.

Cando ocorra una desgracia, ninguén se sentirá culpable de estar sempre mirando para outro lado en beneficio dos intereses dunha empresa ilegal, perigosa, deficitaria e innecesaria e dunhas personaxes que levan 20 anos beneficiándose do diñeiro público, e de todas as trampas e ilegalidades, a costa da nosa seguridade.

PLANTA DE GAS: PECHE XÁ ¡!

A Concentración do Sábado no DIARIO DE FERROL

Abril 25, 2021

O pasado sábado o DIARIO DE FERROL publicou a reseña do acto celebrado en Mugardos, na demanda dun empleo xusto dos Fondos Europeos en empresas non contaminantes, das que REGANOSA NON É O MODELO.

A PUBLICACIÓN FOI RETIRADA DO PERIÓDICO POUCO DESPÓIS.

https://webcache.googleusercontent.com/search?q=cache:TurjGlwe7TIJ:https://www.diariodeferrol.com/texto-diario/mostrar/2853103/varias-entidades-piden-ante-reganosa-reparto-justo-fondos-europeos+&cd=1

Concentración en Reganosa por un reparto xusto dos Fondos Europeos.

Abril 24, 2021

ALBUM FOTOGRÁFICO :

https://drive.google.com/drive/folders/1sjdI81ZmVdwdBHxxDaDYPQJY1I9D99m7?usp=sharing

Coordinadora Galega por un Reparto Xusto dos Fondos Europeos, xunto co Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, celebraron hoxe unha concentración diante de Reganosa, a industria do gas fósil de Galiza, para denunciar a falta de transparencia, a ausencia de participación pública e para esixir un reparto xusto e sustentábel dos fondos europeos Next Generation que chegarán ao país. Ante os tanques de Reganosa fíxose una representación escénica do intercambio de cartos públicos con una empresa contaminante e perigosa, interveu o Coordinador do CCE e deuse lectura ao seguinte Manifesto:

Por un reparto xusto e unha saída sostível.   Reganosa non é o modelo.

Queda moito por saber cómo se van repartir os fondos europeos (Next Generation), a qué modelo de recuperación post-covid van dirixidos, que proxectos acabarán executándose e cais non, e sobre todo, que contrapartidas en reformas (laborais, fiscais, pensións…) está a esixir a Comisión Europea.

Mais todo apunta a un aumento do control de sectores estratéxicos como o enerxético ou o forestal, que beneficiará exclusivamente a unha elite económica, ao tempo que se debilita a economía real.

Pero, no medio da opacidade, na Galiza hai uns nomes que resoam xunto a Feijoo, liderando a recuperación post-Covid: A Banca, Sogama e Reganosa. Tres modelos que representan a peor cara da colaboracion público – privada, o saqueo de património público, a perda de emprego e a destrución do médio ambiente. Hai proxectos que sen participación, sen transparência, danse por aprobados: Reganosa e a macroplanta de hidróxeno.

Esta empresa con participación da Xunta, que ten na súa contra 5 sentenzas do Tribunal Supremo; que conseguiu dun goberno en funcións ( o de Mariano Rajoy) que se lle librara de facer a Declaración de Impacto Ambiental; que na sua construción o Grupo Tojeiro beneficiouse dun pelotazo urbanístico de mais de 30 millóns de euros; que o seu sistema de regasificación a base de hipoclorito, devolve á Ria millóns de toneladas de auga totalmente esterilizada e arrefriada até 6 grados menos, sendo un dos factores da actual situación da ria; que supón un perigo para a vida de milleiros de persoas pola súa localización dentro da Ria de Ferrol, a menos de 100m do primeiro núcleo habitado, a menos de 1000 do complexo militar e ao carón dunha planta petroquímica (Forestal do Atlántico) ; que as condicións de navegabilidade da propia ria aumentan o risco de accidente; que nestes momentos está tramitando as terceiras autorizacións administrativas previas, unha vez que as primeiras (ano 2004) e as segundas (ano 2016) foron sucesivamente anuladas por numerosas ilegalidades… esa empresa é o modelo que o goberno Feijo ten para liderar a recuperación post-covid.

O gas, é un combustible fósil, non pode ser incluído na loita contra o cambio climático. Os fondos europeos non deben ir para consolidar a industria dos combustíbeis fósiles e afianzar ou mesmo ampliar a infraestrutura gasística. Iso non ten nada que ver coa transición ecolóxica que os “Next generation EU” tamén teñen que garantir. Se Feijoo precisa proxectos para investir os fondos, na Ria de Ferrol ten un: o saneamento integral. Un saneamento que devolva a riqueza marisqueira a este ecosistema e devolva o medio de vida a máis de 400 familias que antes subsistían dela e agora están reducidas a unhas poucas ducias. O negocio de gas e a ensoñación do hidróxeno son incompatíbeis cun futuro sostíbel.

Transparencia, participación e reparto xusto!

Nin A Banca, nin Sogama, nin Reganosa son modelos para a recuperación!

Coordinadora Galega por un reparto Xusto dos Fondos Europeos

Sábado 24: Concentración. Fondos Europeos: Reganosa non é o modelo.

Abril 18, 2021