Arquivo para Xullo 2022
Ecologistas en Acción en REGANOSA
Xullo 21, 2022Axudas Económicas ao Comité Cidadán de Emerxencia
Xullo 21, 2022O CCE continúa recibindo axudas económicas para afrontar os gastos de demandas e denuncias da ilegalidade e perigosidade da Planta de Gas no interior da nosa Ría. Resumo do ingresado:
8 aportacións de 50 € = 400; 6 aportacións de 100 € = 600 ; 1 aportación de 200 = 200; 1 aportación de 185 € = 185;
TOTAL = 1.385 €. Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros
ES 71 00493315772894017995

Alegacións ao Plan de Emerxencia de REGANOSA
Xullo 21, 2022A Ecomarcha Ciclista 2022 chegou a REGANOSA
Xullo 21, 2022Álbum Fotográfico (fotos de Lupe Ces e Fer OM)
https://drive.google.com/drive/folders/1f4m1d-RZuPEv2OPOiYZizQoMV_gx_Gjg?usp=sharing
Hoxe mércores 20 de xullo, una representación do Comité Cidadán de Emerxencia acudíu a Mugardos, para diante da Planta de Gas de Reganosa recibir á Marcha Ciclista de Ecologistas en Acción que co lema “Sempre Mais” recorre Galicia reivindicando causas sociais e ambientais.
Un representante da Ecomarcha 2022, Fixo a presentación do Informe “GNL: Ao caos climático pola vía líquida”, intervindo tamén, en Nome do CCE, para salientar as irregularidades o perigo e o fraude de REGANOSA, o Coordinador Manuel Rodríguez Carballeira, o membro do mesmo Carlos Álvarez e a abogada Patricia Gabearas.
A Continuación tivo lugar un xantar de confraternización no Campo dos Carneiros.
GNL: AO CAOS CLIMÁTICO POLA VÍA LÍQUIDA
10 razóns polas que o gas fósil licuado non é unha opción
https://drive.google.com/file/d/1NqjdRMSxOz_7ksFilSvl_3uekIka_QSP/view?usp=sharing

A Ecomarcha ciclista 2022 de Ecologistas en Acción, chegará a Mugardos
Xullo 18, 2022Mércores 20 de xullo, ás 13 h. Cruce da Pedreira Mugardos.
A Ecomarcha ciclista 2022 de Ecologistas en Acción, co lema “Sempre Máis”, chegará a Mugardos e será recibida no Cruce da Pedreira polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e cantas persoas queiran sumarse, para marchar cara á Planta de Gas de Reganosa, onde presentarán o INFORME GNL (Gas Natural Licuado). Logo, no Campo dos Carneiros, celebrarase un xantar de confraternización coas viandas que leve cada quén.
Esta marcha ciclista que comenzou o día 9 en Pontevedra rematará o día 24 en Lugo tras recorrer Santiago, A Costa da Morte (neste próximo 20º aniversario do Prestige), A Coruña, e outras comarcas de Galicia, como a nosa, reivindicando causas sociais e ambientais, como ven facendo desde 2010.
Animádevos a participar.
