O CCE precisa axuda económica para continuar procesos xudiciais

O CCE precisa axuda económica para continuar procesos xudiciais logo da última autorización do Goberno para a planta de gas de Reganosa.

Estimad@s simpatizantes na causa contra a planta de gas de Reganosa,

Nos máis de vinte anos que levamos nesta loita en defensa da legalidade, da nosa Ría e das nosas vidas e que o Ttribunal Supremo dictara 5 sentenzas en contra da planta de gas, fixémosvos varias solicitudes de apoio económico (2013, 2014, 2017), que tiveron sempre unha resposta extraordinaria. Queremos agradecérvolo a todas aquelas persoas e asociacións que fixéchedes este importante esforzo.

Como sabedes, desde o principio, contamos coa inestimable colaboración totalmente gratuíta de vari@s avogad@s, en Ferrol, Coruña e sobre todo en Madrid, que nos permitiron iniciar e continuar os procesos xudiciais contra as diferentes fases de aprobacións da planta de gas, sen que isto supuxera maior gasto que o pago aos procuradores, de moita menor cuantía que o que serían as minutas d@s avogad@s.

Para a Administración estes gastos non supoñen ningúnha carga porque está exenta do seu pago, e para Reganosa eses importes son unha nimiedade fronte aos ingresos millonarios que ten a través das retribucións do sistema gasista, que pagamos entre toda a cidadanía, no noso recibo de butano, propano ou gas natural canalizado. Para o CCE, porén, supón unha importante carga económica que debemos afrontar só cos nosos propios medios.

Agora, que o goberno concedeu a Reganosa unha nova autorizacion, a terceira, unha vez máis, necesitamos unha aportación extra para poder emprender un novo proceso contra ela.

Por iso, Solicitamos axuda , tanto ás entidades colaboradoras como  as persoas a título individual, aportando cada quen en función das súas posibilidades.

Unha vez máis, moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración!.

Ferrol, a 5 de xullo de 2022

Comité Cidadán de Emerxencia

Para a Ría de Ferrol

Para axudas económicas:

C.c. no Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros.

Desde España: 0049 3315 77 2894017995

Desde o Extranxeiro: IBAN ES 71 00493315772894017995

Advertisement
Explore posts in the same categories: Sen clasificar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: