O pasado martes 3 de abril, atracou na planta de gas de REGANOSA o buque gaseiro “Catalunya Spirit” con 107.000 m3 de gas natural licuado. Este gas procedente de Trinidade e Tobago, descarregouse na planta o mércores para ser volto a cargar novamente o venres 6, no mesmo barco e con destino a Bos Aires (Arxentina)
O carregamento e descarregamento do gas natural son manobras que entrañan un alto risco.
No caso da planta de REGANOSA, situada no interior da Ría de Ferrol, os riscos son ainda maiores debido a dificultade que supón a navegación de estos grandes buques por unha estreita canle de entrada de 5 km de lonxitude. Para estas operacións de entrada e atraque dos gaseiros precísase da axuda de 4 remolcadores e só se poden realizar en condicións optimas de visibilidade, con ventos non superiores a 15 nos e coincidindo coa pleamar.
Resulta inexplicable que as autoridades permitan estas cargas e descargas que non aportan outra cosa que un risco gratuito para a veciñanza e un alto custo en cartos para o sistema gasista, que pagamos todos e todas, e por riba repercutirá no encarecemento do gas.
¿Non sería máis doado, máis barato e máis seguro que o “Catalunya Spirit“ continuase rumbo a o porto de destino sen ter que descarregar e volta a carregar os 107.000 m3 de gas?.
¿Que se esconde detrás destes ilóxicos, caros e perigosos trafegos de gas?
Humberto Fidalgo,Directivo de ADEGA-Ferrol e membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
foto: Susete Ferrol