Archive for the ‘Boletíns – Manifestos’ category

«PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO» POR UNHA ORDENACIÓN SUSTENTABLE

Abril 16, 2011

No mundo globalizado de hoxe, obxecto dunha grave crise ecolóxica e económica, o territorio galego non pode seguir sendo unha simple mercadoría nas mans de especuladores. Eles desposúennos do medio en que vivimos e hipotecan o noso futuro e o das vindeiras xeracións. A alimentación, os recursos naturais, a calidade da auga e do aire, a salubridade do medio e a biodiversidade son requisitos imprescindibles para a vida humana que dependen directamente da nosa xestión da natureza e da súa conservación.
Dende a singular forma de ocupación tradicional do territorio galego fomos construíndo a peculiaridade social, histórica e cultural que nos identifica como pobo. Así, o espazo humanizado e o patrimonio natural que recibimos en custodia e que nos identifica deberan ser hoxe valorados como o noso principal recurso fronte á crise. É agora cando temos que sentar as bases dunha recuperación económica sostible para asegurar a vida sobre o planeta e salvar o noso lugar de vida e a nosa identidade territorial da salvaxe depredación do actual modelo económico.

Preme para descargar en PDF,o manifesto de ADEGA

Artigo de R.Pillado: “O pleno de Ferrol se desentende…”

Maio 7, 2009

2x1

Artigo publicado o 7.05.2009 no “Diario de Ferrol”

O Pleno Municipal celebrado en Ferrol o fin de mes, no que se tratou o tema da planta de gas de Reganosa, se desentende.
A moción presentada por Esquerda Unida, en contra da pretensión de Reganosa de ampliar a súa capacidade de gasificación, pasando dos 325.000 m3/h inicialmente concedidos aos 825.600, foi rexeitada polo Pleno. Os sete votos do PP, máis dous do BNG en contra, e a abstención dos nove votos do PSOE, impediron que os catro de EU, máis tres de IF, sacaran adiante aquela moción.
¿Pero, de que se trataba?
A cuestión é que o Ministerio de Medio Ambiente recibiu de Reganosa unha proposta de ampliación da súa capacidade regasificadora.

Canta máis cantidade autorizada, máis cobran, independentemente da cantidade que produzan. En base a esa proposta, o Ministerio se dirixe a tódolos Concellos da comarca e diversas asociacións, entre elas Fuco Buxán, para consultar “si el proyecto debe someterse o no al procedimiento de evaluación de impacto ambiental”, como establece a Lei.
Teñamos presente que, de aprobarse esa pretensión de Reganosa, se disparará o perigo das instalacións gasísticas, se multiplican os riscos polo incremento da entrada e saída de gaseiros e dende logo, acelérase a destrución da ría polo volume de auga sustraída e esterilizada.
É chamativo que ningunha das forzas políticas contactadas polo Comité Cidadán de Emerxencia tivesen a menor información sobre esa consulta do Ministerio. E si outros Concellos da comarca a recibiron, lóxico é que o de Ferrol a tivera tamén. ¿Como é posible que se escondera? ¿Como se pode xogar con un tema sumamente perigoso como é este?

En calquera caso, a presentación da moción era suficiente alarma como para que ninguén ignorase a cuestión. ¿Cabe mirar para outro lado?
Se comezamos polo goberno municipal, teremos que dicir que peca de irresponsabilidade. Primeiro por non dar a coñecer a tódolos grupos a consulta. Segundo, e aínda máis grave, por non pronunciarse non so ó respecto do perigo, senón do cumprimento da Lei ¿Como xustificarán o seu silencio no caso dun accidente? ¿Que dirán ás vítimas no caso de producirse? A abstención do grupo socialista non ten explicación. ¿Ten dúbida de se debe aplicarse a Lei a unhas instalacións altamente perigosas? Lamentable. Nin sequera se lles preguntaba si estaban de acordo ou non con Reganosa. Nin arre, nin só
Pero por outra banda, o actual Secretario Xeral do PSdeG e anterior Conselleiro de Medio Ambiente recoñecía tras a derrota electoral que se equivocaran en dous temas clave, a Planta de Gas e a Cidade da Cultura. Se iso é así, diante dun erro, so cabe correxilo. Non foi o caso.
A posición do PP pode explicarse facilmente. Fraga e os seus socios foron quen de aprobar a instalación da planta no interior da ría e seguen sendo fieis a ese compromiso. Dende logo, esa fidelidade non é con quen vivimos e traballamos nesta comarca. Impórtalles un rábano o que pase coa poboación circundante.
É menos explicable o voto negativo do BNG, sumándose ao PP. O seu portavoz , señor Pita, pechou o tema dicindo que a cuestión “está moi debatida”. Olvidábase que un tema desta
envergadura nunca está debatida de máis. E vai estar presente na vida política mentres estas instalacións non saian do interior da ría de Ferrol.
Pero, ademais, contradícese co manifestado por Paco Rodríguez no vídeo “O salario do silencio”, no que dicía: “… calquera redimensión da planta non se tolerará, eso si que o temos claro, se se vai redimensionar, a nosa posición será que non”. ¡Ve señor Pita, as cousas teñen recorrido, non están debatidas para sempre! Nen sequera tiña en conta aquelas declaracións. Mandan máis os poderes fácticos. E parece que a derrota electoral non se debe a ningún erro. Deberá clarificalo.
Independentes por Ferrol e Esquerda Unida, co seu voto, expresaban a actitude coherente e valente que veñen mantendo dende sempre porque a Planta de Reganosa saia do interior da Ría.
Pola súa banda, o Comité Cidadán de Emerxencia, a través das diferentes asociacións, conclúe no seu RECURSO que non cabe conceder autorización de ampliación de Reganosa, porque esa planta non ten feito estudio de impacto ambiental, e polo tanto, é ilegal.
Non se entende a deixación do Pleno nun tema que pode afectar a miles de persoas desta comarca. Esa renuncia é imprudente e irresponsable. A nosa vida está en xogo.

 Rafael Pillado, é membro do C.C.E. e Vicepresidente da A.C. “Fuco Buxán”.

 Intervención do Sr. Pita, Voceiro do G.M. do BNG no Concello de Ferrol

(Enlace ao vídeo)

Boletín Informativo nº 15 do Comité Cidadán de Emerxencia

Abril 30, 2009

boletin15O CCE acaba de publicar o Boletín Informativo nº 15, que comenzarase a distribuir mañá día 1º de Maio, nas distintas manifestacións convocadas en Ferrol celebrando esta data.

 

O CCE no mitin do BNG

Febreiro 28, 2008

 

Esta noite no C.C. Carvalho Calero de Ferrol, unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, recibiu a Anxo Quintana, Vicepresidente da Xunta de Galicia, mostrándolle a él e aos asistentes ao acto electoral do BNG, o seu rexeitamento á ubicación da Planta de Gas no interior de Ría. Con todo o respecto á campaña electoral, este CCE está acudindo aos actos organizados polas formacións políticas que están a favor de Reganosa – PSOE, BNG, PP de G – para poñer de manifesto a ilegalidade e perigosidade da Planta e do tráfico de gaseros que supoñen unha grave ameaza permanente á vida, ao emprego e á riqueza de Ría de Ferrol e dos seus habitantes.  

Onte, agora e sempre: 

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA 

(foto de archivo)

“Un riesgo adicional”

Xaneiro 16, 2008

Transcripción do artigo escrito por D. Miguel Fernández y Fernández, Almirante na Reserva, e publicado en Decembro de 2007 no número 22 da Revista “Ferrol Análisis”, editada polo Cub de Prensa de Ferrol. 

No ano 1999 D. Miguel Fernández era o Xefe do Arsenal Naval Militar de Ferrol, cando o 26 de agosto daquel ano, o enton Almirante da Zona Marítima do Cantábrico suscribíu un Informe contrario á ubicación dunha Planta de Gas dentro da Ría, o que se fai alusión neste artigo.

EN LA IDUSTRIA: UN RIESGO ADICIONAL

Vamos a suponer que yo fuera te­rrorista. En una de las reuniones con mis colegas, les propondría: Para atacar las bases de esta so­ciedad que odiamos, busquemos un escenario donde sea fácil come­ter un atentado a un enorme buque transporte de combustible, o de substancias químicas, o de gas y a su planta de apoyo, o mejor aún, a los dos al mismo tiempo. Un puer­to que tenga una entrada angosta por un canal fácilmente accesible desde tierra, en el que los grandes buques solo puedan entrar con la marea alta, que se encuentre situado muy cerca de núcleos densos de población, para que se produzcan más daños materiales, humanos y ecológicos y que, además, de paso nos carguemos una importante base naval, neutralizando a los astilleros de apoyo, el arsenal y todos los buques militares….    

Ahora vamos a suponer que yo fuera un político sin muchos escrúpulos: En una de las reuniones con mis colegas, al tiempo de degustar unas exquisitas almejas, de esas que ya van quedando menos en la ría de Ferrol, les propondría: Vamos a apoyar un proyecto sin tener en cuenta los intereses de los ciuda­danos (¿cuántos puestos de traba­jo se han creado?), a modificar una solución inteligente tomada años atrás (el puerto exterior se pensó, precisamente, para ubicar a la plan­ta de gas), a cargamos el atractivo turístico de una hermosa ría, a de­bilitar su candidatura a Patrimonio de la Humanidad, a poner en serio peligro las vidas de los ciudadanos que nos votan, a no cumplir las nor­mativas de distancias de seguridad ni de impacto ambiental; a cons­truir una autoría con dinero público que termine, vaya casualidad, en la planta de gas. Además, existe la po­sibilidad de cargamos más todavía la vida marina y los cultivos de al­meja y otros bivalvos… que también los crían en otros lugares de mayor interés para nuestro partido. En ambos casos las respuestas son coincidentes y, si se consigue el segundo supuesto, se facilita enor­memente la labor de los “pobres” terroristas. 

Si pasamos de las suposiciones a los hechos sucede que en Mugardos nos han instalado una planta de gas, en casa.

(sigue o artigo…) 

(máis…)