Archive for the ‘Boletíns – Manifestos’ category

Comunicado da A.VV. FONTELONGA

Xaneiro 11, 2008

COMUNICACIÓN RECIBIDA DA A.VV. FONTELONGA DE FERROL  De novo o Delegado de La Voz de Reganosa en Ferrol D Miguel Angel Souto , a quen temos que agradecer que en Ferrolterra cada vez hai máis lector@s de Diario de Ferrol, El País, La Opinión, El Correo Gallego e outros, na súa traxectoria de periodismo cínico, se supera el mesmo co comentario de opinión que achegamos. 

Para calquera que viva en Ferrolterra e coñeza a súa realidade, seguramente, lle parecería máis axeitado o seguinte titular: 

Fará falla outro <<Discoverer>> , esta vez con centos ou miles de mort@os, para que a Planta de Gas de Reganosa sexa trasladada fóra da Ría de Ferrol?  

 LA VOZ DE GALICIA

 Xoves 10 de xaneiro del 2008

Opinión

¿Fará falta outro «Discoverer» para que o porto exterior de Ferrol teña tren?

Autor: Miguel Ángel Souto – Delegado en Ferrol de La Voz de Galicia.

Foi como volver un século atrás. De novo, as lanchas cruzaban a ría ateigadas de traballadores dos estaleiros, e a vella nacional era un rosario de coches de liña. O pesadelo continúa dez anos despois para os que esperan indemnizacións, todo un exemplo de xuízo rápido. Para o resto, ao fin chegou a autoestrada. E con ela a dolorosa confirmación de que en Galicia avanzamos a golpe de catástrofes. Pero a incomunicación de Ferrolterra está lonxe de solucionarse. De Narón a Ortigueira e Viveiro pregúntanse se terá que ocorrer outra desgraza para que se inicie o prometido corredor. E hai quen lamenta que o Discoverer, xa postos, non derrubase tamén o puentecico do tren, ese que tarda hora e cuarto en chegar á Coruña e que conduce a un porto exterior sen ferrocarril para sacar a mercancía.

Recurso de alzada do CCE

Novembro 16, 2007

O Comité Cidadán de Emerxencia (CCE)  presentará un re­cur­so de alzada contra o Acta de posta en servizo de Rega­nosa. Acta que non esgota a vía administrativa, e que non é definitiva.  A Directora provisional (o titular segue de baixa por enfermidade) da Área de Industria da Delegación do Goberno en A Coruña, o sete de novembro, ven de asinar, nunhas circunstancias sospeitosas, o acta de posta en servizo de REGANOSA.

Ese acta é un cheque en branco para que os accionistas de REGANOSA poidan recupera-los seus investimentos, tamén para percibir indemnizacións, aínda que posteriormente sexa paralizada pola Administración ou por decisión xudicial. O Tribunal Supremo en Madrid ten pendente confirmar dúas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anulan a falsa tramitación ambiental.

As autoridades competentes saben que é imposible que Reganosa poida cumprimentar os condicionados impostos na súa autorización de construcción: distancia suficiente ata as poboacións, e  garantir a saída ó mar dos gaseros en caso de emerxencia. A isto, engádense os escándalos financeiros coa compra por Reganosa de terreos con plusvalías do 1.550 %. A pesar de tales circunstancias a Xunta de Galicia segue apostando pola defensa dos investimentos, sen ter en conta a vida da poboación, a riqueza marisqueira e o interese xeral de Galicia, como é a súa obriga.

O Comité Cidadán de Emerxencia presentará un recurso de alzada ao Delegado do Goberno, para que o Ministerio de Industria anule  a devandita acta de posta en servizo, e para continuar a vía administrativa, coas conversacións iniciadas no mes de agosto, a fin de que a Reganosa non lle sexa aprobada a acta de funcionamento.

Tamén unha delegación do CCE ira a Bruxelas a finais de novembro, con axuda do Grupo Europeo de Esquerda Unida, para presentar unha denuncia porque Reganosa vulnerou reiteradamente a directiva europea Seveso II. Así mesmo o CCE seguirá promovendo mobilizacións para continuar a loita contra a ameaza de Reganosa e para que os responsables políticos implicados cumpran e fagan cumprir a lei, segundo o mandato constitucional co que aceptaron o seu cargo.

Ferrolterra 13 de novembro de 2007

 

FIRMA DO MANIFESTO DE INTELECTUAIS E ARTISTAS

Setembro 22, 2007

(máis…)

Informe da Situación (tras Asemblea Cidadá do 9 agosto de 2007)

Agosto 10, 2007

(máis…)

Plan de Actuación CCE até 30 de setembro

Agosto 10, 2007

(máis…)