
Ao cumprirse o XII Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, e o VII da súa compañeira Victoria Fernández Paredes, o CCE convoca, a toda a cidadanía, a celebrar, en lembranza deles,
unha ofrenda floral e intervencións poético musicais,
que terán lugar o
sábado, 15 de Febreiro, ás 12 hs,
no Parque Carmelo Teixeiro
Caranza – Ferrol.
Carmelo e Victoria serán sempre, para todas e todos nos, un exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais e sobre todo a loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da Vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas de Reganosa.
Ferrol polo mar e pola vida
https://www.youtube.com/watch?v=xFTzfTwFCr0