Archive for the ‘Convocatorias Comité Cidadán’ category

Sábado 9 Febreiro: Xantar de Solidariedade e convivio

Xaneiro 29, 2019

O Comité Cidadán de Emerxencia organiza, o sábado 9 de Febreiro, un Xantar de Solidariedade e Convivio para os seus seguidorxs e amigxs coa intención de compartir unha xornada festiva e recadar unha axuda económica, incluida no prezo do menú, coa que facer fronte aos gastos de procuradores e taxas nos procesos xudiciais contra a ubicación da Planta de Gas, en defensa da Legalidade, da Ría e da Vida. Participa connosco !

Advertisements

Febreiro 9 : Aniversario Victoria e Carmelo

Xaneiro 22, 2019

Ao cumprirse o XI Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, e o VI da súa compañeira Victoria Fernández Paredes, o CCE convoca, a toda a cidadanía, a celebrar, en lembranza deles,

unha ofrenda floral e intervencións poético musicais,

que terán lugar o

sábado, 9 de Febreiro, ás 13 hs,

no Parque Carmelo Teixeiro

Caranza – Ferrol.

Carmelo e Victoria serán sempre, para todas e todos nos, un exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais e sobre todo a loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da Vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas de Reganosa.

Ferrol polo mar e pola vida

https://www.youtube.com/watch?v=xFTzfTwFCr0

martes 20: Concentración, entrada gaseiro nº 242

Novembro 16, 2018

Anunciada a entrada na nosa Ría do Gaseiro nº 242 cargado de GNL para REGANOSA, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca:

CONCENTRACIÓN

martes 20 de Novembro, as 19 hs

diante do Edificio da Xunta de Galicia

Praza Amada García – FERROL

Planta de Gas: Peche Xá !

Venres 19: CONCENTRACIÓN Gaseiro nº 241

Outubro 16, 2018

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro nº 241 cargado con GNL para REGANOSA, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca:

CONCENTRACIÓN

VENRES 19 de outubro, ás 19 hs

diante do Edificio da Xunta de Galicia

Praza Amada García – Ferrol

PLANTA DE GAS: PECHE XÁ !

xoves 4: CONCENTRACIÓN Entrada Gaseiro nº 240

Outubro 1, 2018

Prevista a entrada na nosa Ría do Gaseiro nº 240 cargado de GNL para REGANOSA, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca:

CONCENTRACIÓN

Xoves, 4 de Octubre, ás 19 hs (sete da tarde)

Diante do Edificio da Xunta de Galicia

(Praza Amada García – Ferrol)

PLANTA DE GAS: PECHE XÁ ¡

 

CONCENTRACIÓN POLA ENTRADA DE GASEIRO Nº 239

Setembro 9, 2018

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro nº 239 cargado de GNL para Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca:

CONCENTRACIÓN

mércores 12 de setembro, ás 20 hs

diante do Edificio da Xunta de Galicia

Praza Amada García – Ferrol

PLANTA DE GAS: PECHE XÁ !

Xoves 21: CONCENTRACIÓN, Entrada Gaseiro

Xuño 18, 2018

Prevista a entrada, na nosa Ría, do gaseiro nº 237, cargado de GNL para REGANOSA,

o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca:

CONCENTRACIÓN

Xoves, 21 de xuño, ás 20 hs, (8 da tarde, horario de verán)

fronte ao Edificio da Xunta de Galicia, Praza Amada García – Ferrol

PLANTA DE GAS: PECHE XÁ !