Engadimos o enlace ao contido en VIDEO da Rolda de Prensa ofrecida onte polo Comité Cidadán de Emerxencia sobre as últimas sentenzas favorables do Tribunal Supremo respecto ás ilegalidades da Planta de Gas de REGANOSA
Como ven sendo desde o peche, perante 111 días, da veciñanza de Meá na Casa do Concello de Mugardos, no ano 2007, celebrouse a marcha a pé. A décima edición desta camiñada, partiu desde o Parque Carmelo Teixeiro do barrio de Caranza. Na altura da Sociedade O Pote, en Maniños, realizouse un pequeno descanso, para retomar a marcha até os propios tanques de Reganosa. Nese marco escoitaron-se as varias intervencións. Manuel Rodríguez Carballeira, coordenador do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol, lembrou as Tres sentenzas firmes do Tribunal Supremo que confirman o que sempre mantivemos a ilegalidade da localización da planta regasificadora en punta Promontoiro, dentro da Ría de Ferrol, e a actuación, que calificaou de delito, do goberno en funcións de Mariano Rajoy, permitindo que a empresa Reganosa actue fora da lei. Luz Marina Torrente, presidenta da AAVV de Mehá deu conta da persecución que a veciñanza de Meá, opositora á planta, sufriron ao longo destes anos, e como agora o máximo tribunal ven de darlles a razón. Lupe Ces, do Comité Cidadá de Emerxencia chamou a non baixar a garda neste ultimo tramo da loita contra Reganosa, “se son capaces de por en perigo a vida de miles de persoas, que non farán para que non lles pechen este negócio millonário“. Para rematar a xornada, nos locais da AAVV de Mehá compartiuse petiscos e bebida, mentres se descansaba da marcha a pé, uns 15 quilómetros que separan as dúas localidades, pola contorna da Ría, a penas 1500 metros en liña recta, entre a perigosa instalación e o porto de Ferrol.
Estamos diante do maior fraude cometido no noso país coa escusa de que o gas é estratéxico para Galiza… Mentres o Goberno Español e a Xunta de Galicia fan caso omiso das Sentenzas dos Tribunais. É Mais lexislan para burlar estas Sentenzas das maiores instancias xudiciais.
Tras as sentenzas do Tribunal Supremo,
que declaran ilegal a Reganosa, esiximos o fin desta ameaza e deste
malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
QUE SE CUMPRAN AS SENTENZAS DO TRIBUNAL SUPREMO XA!
POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
Los cuatro han sido citados en el Juzgado de Instrucción número 3 de Santiago, que instruye las diligencias previas relativas a este asunto, tras haber presentado la entidad ecologista ADEGA una denuncia ante la Fiscalía ambiental por ejecutar estos trabajos, valiéndose de una draga, sobre los fondos de la ría ferrolana, en zona declarada LIC, para permitir el paso de grandes buques, especialmente los gaseros cargados de GNL para REGANOSA.