Archive for the ‘Vídeos’ category

Vídeo Manifestación 30 setembro 2007

Outubro 4, 2007

ENTREVISTA NA TVG (13 xuño) Ó COORDINADOR DO COMITÉ CIDADÁN

Xuño 23, 2007

Claves para que remate as ameazas que supón Reganosa para a vida humana e a riqueza marisqueira da ría de Ferrol.

Nota do 13 de xuño:

Hoxe na Televisión de Galicia (TVG), ás 9,43 horas o Coordinador do Comité Cidadán, Carmelo Teixeiro foi entrevistado no programa informativo “Bos Días”.

Polo seu interese, engadimos o enlace á entrevista e podedes velo, pinchando aquí.

 

Carmelo Teixeiro quere avisar os que o vexan que prefireu non perder tempo en correxir o cargo que se lle asignou de Presidente do Comité Cidadan de Emerxencia. Tamén que as cifras que menciona de agua do mar que Reganosa pretende usar, 300.000 toneladas e 600.000 toneladas, son cifras redondeadas por dia.

A primeira cifra corresponde á capacidade de Regasificación de 322.500 m3/hora que consta na autorizacion a Reganosa para a que precisaria duns 43 barcos ó ano, un cada 9 días. A segunda cifra correspondería a ampliación que pretende de 800.000 m3/hora para o que precisaria susministro duns 105 metaneros ó ano, un cada tres días de 140.000 m3.

Así mesmo, ademais de responder claramente á situacion de Bernardo Bastida, nesa entevista Carmelo Teixeiro tratou no resto do contido de deixar ben claro que Reganosa non e estratéxica nin esta feita, ademais das claves de como pode ser resolto, a favor da poboacion e dos intereses de Galicia, o conflicto social que Reganosa vén plantexando desde case dez anos.

Rolda de prensa 21 xuño: Chegada do tercer metanero cargado de GNL para Reganosa

Xuño 22, 2007

cazolada1.jpgcazolada2.jpgcazolada3.jpgcazolada4.jpgrodaprensa210607.jpg

Cunha sonora cazolada, tamboreada e pitada de case unha hora e media desde as 21 horas ata as 22,30 horas, unhos 1.500 participantes convocados polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, recibiron a entrada na Ría de Ferrol do tercer metanero con destino ás instalacions que Reganosa está construindo.

Adxúntase a nota (e unha serie de fotos) do contido dado ós medios de comunicación nunha roda de prensa que tivo lugar as 20:00 horas na que tomaron a palabra Carmelo Teixeiro, Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia e Bernardo Bastida, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol.

(Vídeo de Damch)

Rolda de prensa 21 xuño: Chegada do tercer metanero cargado de GNL para Reganosa

As actuacións realizadas con motivo dos dous primeiros metaneros cargados de GNL, Galicia Spìrit e Mourad Didouche, teñen pulverizado os muros de silencio que durante sete anos estaban impedindo se coñecése fóra de Ferrolterra e no resto do mundo o conflito social que desde o ano 1997 os promotores de Reganosa provocaron co apoio da Xunta de Galicia, cunha Planta de Gas que están construíndo dentro da Ría de Ferrol, a pesar de que desde o ano 1994 existe un lugar para iso, onde se está construíndo o Porto Exterior. Nesta nova etapa informativa queremos mostrar o noso agradecemento aos medios que están emitindo contidos de fondo neste conflito. Neste novo marco o pasado día 10 de xuño xa fixemos público o noso reto a un debate en directo e cara a cara cos máximos representantes da Xunta de Galicia, a fin de que desistan no seu apoio a Reganosa e empecen a pensar nunha plataforma gasista galega, por gasoduto ou planta de Gas, con promotores distintos e con proxectos compatibles co desenvolvemento sostible e que respecten a vida humana e o medioambiente.

(máis…)

Vídeo Lectura Manifesto 3 xuño 2007

Xuño 5, 2007

Publicado por Artritris en Google Vídeo

Vídeo manifestación 3 xuño 2007

Xuño 4, 2007

Publicado en YouTube por Damch