Posted tagged ‘a ría na rúa’

Exposición e Magosto en Caranza

Novembro 2, 2008

A semana “A Ría na Rúa” pechouse este sábado 1 de novembro en Caranza, onde o público asistente tivo ocasión de disfrutar da obra pictórica o tempo que participaba do magosto, e acompañaba aos máis pequenos na elaboración das tradicionais cabazas.

Arte, música, castañas, viño e outras viandas, nunha xuntanza solidaria, en defensa da Ría e da Vida, contra a ubicación da Planta de Gas.

 

Album de fotos

Novembro 1: Magosto “A Ría na Rúa”

Outubro 30, 2008

O acto anunciado para o 1º de novembro no Cantón,  trasládase, por motivo do mal tempo previsto, ao  Centro Cívico de Caranza, quedando a convocatoria como segue:

 

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e coa colaboración da Asociación de Veciños de Caranza e da Concellalía de Cultura de Ferrol, o próximo 

 

sabado 1 de Novembro, a partir das 5 da tarde,

no Centro Cívico de Caranza,

 

terá lugar o acto de peche da semana de “A Ría na Rúa”, na que dez artistas locais elaboraron sendas pinturas murais alusivas ao perigo da ubicación da Planta de Gas no interior da Ría e que permaneceron expostas os últimos días en 10 prazas da nosa cidade.

 

Para salvagardar dos efectos da chuvia e vento destes días,  esta obra importante e desinteresada dos nosos artistas, chamada a ser patrimonio colectivo de Ferrol, vai ser exposta conxuntamente desde hoxe no vestíbulo do Centro Cívico de Caranza, e neste marco pictórico, o sábado 1º de Novembre a partir das 5 da tarde celebrarase un

MAGOSTO POPULAR, onde toda a cidanía, a prezos simbólicos, poderá degustar castañas, chourizos, panceta, pan, viño, refrescos, leite, etc., nunha tarde festiva, de confraternización e reivindicativa, disfrutando da música enxebre.

 

Para as nenas e nenos que presenten unha cabaza decorada, sortease unha bicicleta, por parte da A.VV, de Caranza, ainda que o mellor dos premios será contribuir coa súa arte a esta xuntanza en defensa dos noso dereitos e da nosa seguridade.

 

Difunde, participa, e sempre:

 

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

A Ría na Rúa

Outubro 26, 2008

 

As prazas e rúas de Ferrol enchéronse hoxe de arte e reivindicación. Artístas plásticos, músicos, cicadás e cidadáns, seguindo a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, déronse a man nas nosas rúas, nunha xornada festiva, amosando o seu rexeitamento a perigosa ubicación da Planta de Gas no interior da Ría.

Noraboa a tod@s e ¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

Convidamos a toda a cidadanía a disfrutar da obra realizada.

 

Album de fotos.

O Mural de As Pías.

Outubro 24, 2008

Como prólogo ás xornadas de “A Ría na Rúa” que comezarán mañá 25 de Outubro, compañeiras e compañeiros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, están confeccionando, con esforzo e bo ritmo, un Mural de gran tamaño, na parede do campo de deportes de A Parda, xunto á estrada das Pías, que anuncia esta actividade artística coa que o Comité quere, unha vez máis, chamar a atención en positivo, do perigo e prexuízo que ocasiona a ubicación no interior de nosa Ría, da Planta de Gas, e da ameaza que supón o continuo tráfico de gaseros ao pé das nosas casas e as nosas vidas.
Mañá, sábado 25 de outubro, ás 11,30 horas, desde o Centro Cívico de Caranza, iniciarase o Roteiro que, durante dúas horas, percorrerá as 10 prazas de Ferrol, onde outros tantos artistas plásticos estarán realizando a súa obra pictórica, gozando da súa arte e animándoos e agradecendo a súa desinteresada colaboración.
O Comité Cidadán de Emerxencia invita a todas e todos, a lucir mañá a camiseta de “Planta de Gas Fora dá Ría” participando desta marcha artística e solidaria.
E a todo o público a gozar da obra artística que durante a próxima semana permanecerá nas nosas prazas e logo no Cantón, levando a ría e a vida ás rúas da nosa cidade.

 

Enlace ao album de fotos

 

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

A RÍA NA RÚA

Outubro 21, 2008

25 de outubro, ás 10 h.

10 pintor@s  en 10 prazas da nosa  Cidade, comezaran a realizar sendas pinturas murais que trasladarán as nosas Rúas, a nosa Ría e a problemática da Planta de Gas,.

  • Ás 11,30 h., partindo do Centro Cívico de Caranza, iniciarase un Roteiro que percorrerá a cidade hasta o Peirao, visitando cada unha das obras pictóricas e amosando ós artistas o agradecemento pola súa colaboración e compromiso en defensa da Ría e da vida.
  • Invítase a toda a cidanía a participar neste Roteiro, portando as camisetas “Planta de Gas fora da Ría”.
  • As obras  ficarán exportas nas propias prazas, toda a semana,
  • O día 1 de novembro, reuniránse no Cantón, nunha gran Exposición Mural colectiva, que celebraremos ali mesmo con castañas, viño e música.
  • Colabora a Concellería de Cultura de Ferrol.

 

Itinerario do Roteiro:

 

Saída ás 11,30 do Centro Cívico de Caranza – Avda. Castelao – Marques Sta. Cruz – Sartaña – Nova de Caranza – Chile – Praza de Ultramar – Venezuela – Villa Soledad – Estrada de Castela – Praza do Inferniño – Avda. Viveiro – Estrada de Castela – Monumento Porta Nova – Ramón y Cajal – Avda. Esteiro – Españoleto – Praza do Himno Galego – Españoleto – Praza de España – Galiano – Carmen – Sol – Terra – Praza de Canido – Concepción Arenal – María – Terra – Praza de Armas – Terra – Praza da Constitución – Igrexa – Concepción Arenal – Dolores – Amboaxe – Real – San Francisco – Praza Vella– Peirao de Coruxeiras. (Duración aprox. : 2 horas)