Posted tagged ‘abuja’

Manifestación 12 de abril

Abril 13, 2008

A entrada, onte, doutra bomba flotante, o LGN “Abuja”, un buque de 28 anos de antiguedade, e a perigosa ubicación da Planta de Gas no interior de Ría, constitúen un perigo permanente para a vida da poboación e para a riqueza de ría e da súa contorna.

Para esixir a desarticulación desta latente “arma de destrución masiva”, realizouse, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, unha concentración ante o edificio da Xunta de Galicia e posterior manifestación ata o concello.

 

Nas intervencións dos membros do Comité, Luz Marina Torrente e Alexandre Carrodeguas, lembrouse a convocatoria de Asamblea Cidadá para o vindeiro 23 de Abril.

 

CONCENTRACION, sábado 12 : Gaseiro nº 18

Abril 10, 2008

Anunciada a arribada a Planta de Gas, do buque nº 18,

o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

 

CONVOCA UNHA

CONCENTRACIÓN – CACEROLADA – MANIFESTACIÓN

Sábado 12 de Abril, ás 7 da tarde

Edificio Administrativo Xunta de Galicia

(Praza de España – Ferrol)

 

Características do buque: LNG “ABUJA”, antiguedade 28 anos 

eslora: 285,4 m. manga: 45,7 m. Bandeira: Bahamas.

 

Pola nosa seguridade, pola defensa da sostenibilidade do noso mar, polos postos de traballo:

 

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RIA !!