Posted tagged ‘accidentes gas’

Iniciativas de AGE respecto a REGANOSA no Parlamento de Galicia

Setembro 9, 2015

Parlamento

Hoxe ás 12h na sala da Galeria Sargadelos tivo lugar unha Rolda de prensa na que participaron Yolanda Díaz (Deputada AGE), o Alcalde de Ferrol ,Jorge Suarez asi como membros do Comité Cidadán de Emerxencia (Manuel Rguez. Carballeira – Luz Marina Torrente – Carlos Alvarez) para dar a coñecer as iniciativas que o Grupo parlamentar de AGE presentóu diante do Parlamento de Galicia, sobre a planta de gas de Reganosa, despois da explosión do almacen de productos químicos na cidade portuaria china de Tianjin que causou unha traxedia.
Engádense os documentos das presuntas e interpelación
Pregunta en Pleno
Pregunta en Comisión
Interpelación

Accidente en Planta fertilizantes – Texas

Abril 20, 2013

Waco1

O pasado dia 17, produciase no pobo de West (Texas-USA) a explosión dunha planta petroquímica , até agora e de xeito provisional van contabilizados 35 mortos e cerca de 200 feridos asi como unha gran cantidade de casas derrubadas. Non hai moito, os donos da empresa realizaran un informe, para a Axencia de Medioambiente, e nel se aseguraba a ausencia de riscos dunha explosión ou dun escape. Hoxe atopámonos coa triste realidade dunha nova traxedia.

Sérvenos de aviso para esixir o cese da actividade da planta de Reganosa, unha instalación ilegal – sentenza do Supremo do pasado 11 de Maio – e con una capacidade letal infinitamente superior á planta de fertilizantes que acaba de estoupar en Texas.

A planta de Reganosa almacena 150.000 tons de GNL, cunha equivalencia enerxética a 120 bombas atómicas como as lanzadas polos norteamericanas sobre Hiroshima, e está ubicada a carón dun complexo petroquímico – Forestal – a escasos 100 metros das vivendas de Meha, a 800 do Arsenal Militar, etc etc. A explosión ou fuga levaria por diante a vida de miles de persoas. É por iso a batalla inclaudicable do CCE na sua esixencia do cese da actividade de Reganosa antes de que se produza unha previsible traxedia.

¡Reganosa ilegal e perigosa¡

¡Planta de Gas fóra da Ría¡

Máis información:

El Mundo.América.

ABC.es