Posted tagged ‘Add new tag’

Mesa Redonda: A defensa medioambiental

Novembro 23, 2008

MESA REDONDA – COLOQUIO

 

“A DEFENSA MEDIOAMBIENTAL:

UNHA VISIÓN PLURAL”

 

CENTRO CÍVICO. CARANZA. FERROL

25 NOVEMBRO 2008 .      20 HS

 

PARTICIPACIÓN DE:

 

* ADEGA.  Fins Eirexas. Secretario Executivo:

“A contaminacion do Eume e da lagoa d’As Pontes”

     

* Lápiz Verdes. Camilo Casal. Presidente de Lapis Verdes. “Enerxía Nuclear”

* Comité Cidadán Emerxencia Ría de Ferrol.

Luz Marina Torrente. “Movilización cidadá contra a planta de gas de Mugardos”

* Plataforma afectados polígono Vilar do Colo. Suso Oca. Directivo da Plataforma: “Polígonos industriais  ou polígonos especulativos?

* SGHN.  Paulino Gasalla. Ex-Presidente  da Sociedade Galega Historia Natural. “Contaminación lumínica”

 

Modera: Suso L. Piñeiro. (Presidente Adega-Trasancos)

Concentración pola entrada do 31 gaseiro

Setembro 28, 2008

O venres pasado, día 26 de outubro, chegou o gaseiro nº 31 a nosa Ría, poñendo unha vez máis en perigo as nosas vidas e o noso entorno, incumprindo a normativa legal de seguridade, ante a pasividade e o consentimento da Administración.

Imaxes da Concentración convocada polo CCE.

Reganosa nunha publicación da Universidade Complutense

Xullo 15, 2008

Unha Publicación da Editorial Complutense, titulada “DESTRUCCION E CONSTRUCCION DO TERRITORIO. MEMORIA DE LUGARES ESPAÑOIS – 1. GALICIA E MADRID” recolle, entre numerosos desastres medioambientais, o tema da Planta de Gas de REGANOSA, a súa perigosa ubicación no interior da nosa Ría e a ameaza permanente do tráfico de gaseiros

GASEIRO EN PERIGO

Xullo 4, 2008

 

Ver serie de fotos deste evento :  Gaseiro24

 

O  pasado 2 de xullo as 4 da tarde o buque gaseiro  “LNG Rivers”, de 288 metros de eslora cargado con 135.000 m3 de gas natural, tivo graves problemas para entrar na Ría de Ferrol.

Esa tarde o vento soplaba do sur e había mareira no mar. O barco que ainda non tiña os prácticos abordo achegábase  perigosamente a costa. A enfilación para poder entrar na Ría de Ferrol non era a correcta  e tanto o vento como o mar ó abatían cada vez maís a o barco  contra a Ponta Coitelada . Neses momentos logran subir a bordo dende un remolcador  os prácticos do Porto de Ferrol e inician  unha perigosa maniobra virando  en redondo o barco. Catro remolcadores permanecen a expectativa, pero sin ter suxeto a o barco. O gaseiro  na sua virada pasa moi perto da costa, a menos de 300 metros,  e casi por riba dos baixos das “Merloeiras “.

Finalmente o “ LNG Rivers” consigue alonxarse da costa e  tomar a enfilación correcta para penetrar na Ría de Ferrol.

Despois de media hora de arriscadas maniobras e loitando contra o reloxo, xa que a marea comenzaba a baixar o “ LNG  Rivers” amarrado a catro remolcadores entra na ría .

 

A Capitania  Maritima debe dar explicacións do que sucedeu aquela tarde.  

 

Estas situacións non fan outra cousa que confirmar o que este CCE vén manifestando desde fai máis de 8 anos: A ublicación da Planta de Gas no interior de ría, incumplindo toda a normativa de seguridade, en canto a distancias aos núcleos de poboación e ao tránsito continuado dos gaseiros sen garantía de poder abandoar a ría polos seus propios medios ante calquera situación de emerxencia.

 

Unha vez máis queremos chamar a atención das autoridades competentes, para que acaten as resolucións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e poñan fín a este despropósito e a esta ameaza permanente, sobre a riqueza e o potencial laboral de nosa ría e sobre as vidas das persoas que a habitamos.

 

¡¡PLANTA  DE  FAS FORA DA RÍA ¡!

Convocatoria martes 24 xuño, ás 8 tarde: Gaseiro nº 23

Xuño 23, 2008

Anunciada para mañá martes a entrada do gaseiro nº 23 na nosa Ría,

o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

convoca :

 

Martes, 24 de xuño, ás 8 da tarde

 

CONCENTRACIÓN

Edificio Admvo. da Xunta – Praza de España

e posterior MANIFESTACIÓN

 

Buque: LGN Bonny    antiguedade: 27 anos    eslora: 287 m.  manga: 42 m.

 

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!