Posted tagged ‘Arredemo’

Venres: Gaseiro nº 13 – Sábado: Espectáculo teatral en defensa da Ría

Xaneiro 28, 2008

    

Ante a próxima chegada do gaseiro nº 13 cara a ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa, coa sua carga de GNL,  este Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

CONVOCA

Unha cacerolada – tamboreada para o

Venres, 1 de febreiro, ás 11 da mañá.

Diante do edificio da Autoridade Portuaria, Peirao de Curuxeiras  –  Ferrol,

Para logo desplazarse a o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, Plaza de España. 

Características do buque: LNG SOKOTO,  Bandeira de Bermudas,  Eslora: 288,75 m.   Manga:  48 m.   

SABADO, 2 DE FEBREIRO:  ULTRANOITE EN DEFENSA DA RÍA

Burla Negra contra ReganosaEste sábado 2 de febreiro, ás 20:30 horas, o centro sociocultural Torrente Ballester (Ferrol) acollerá o espectáculo colectivo “Ultranoite en defensa da Ría”, producido pola Rede de Acción Sociocultural Arredemo e Burla Negra, a modo de homenaxe aos veciños/as de Mehá e á xente do Comité Cidadán de Emerxencia, é como denuncia da actitude servil a intereses económicos particulares manifestada polos gobernos da anterior e da actual lexislatura, e que se traducen na imposición da planta regasificadora contra os intereses da cidadanía e do ben común. 

O espectáculo contará coa participación, entre outros, de: Chévere (Mónica García, Miguel de Lira, Xesús Ron…), Carlos Santiago, Espido (Guadi Galego e Guillermo Fernández), o Mago Romarís, Os da Ría, Clara Gayo, A Caricia da Serpe (Lino Braxe, Rómulo Sanjurjo), Volta e Dalle (Pepe Penabade, Comba Campoy…), o colectivo de circo Pista Catro, Rebeca Montero, e os músicos Bernardo Martínez, Xoan Piñón, Xaquín Blanco, Suso Alonso e Xabier Olite, coa actuación estelar das “cantareiras e cantareiros de Mehá”.

Prégase difusión

 ¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!