Posted tagged ‘Asemblea cidadá’

Asemblea Cidadá e Marcha a pé a Mugardos

Xullo 9, 2012

NOVA ETAPA NA LOITA CONTRA REGANOSA

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca a todas as entidades, colectivos e organizacións sociais, e a todas aquelas persoas interesadas a participar na

Asemblea Cidadá,

o luns 9 de xullo ás 20hs

no Instituto Carballo Calero

(A carón do Mercado-Caranza).

Obxectivo da asemblea:

Propoñer, valorar e no seu caso aprobar, iniciativas, accións, mobilizacións que fagan cumprir a sentenza do Tribunal Supremo pola que Reganosa é xa, por sentenza inapelable, unha instalación ilegal.

Orde do día:

1º Información sobre o alcance e consecuencias da sentenza ditada polo Tribunal Supremo.
2º Propostas encamiñadas a facer cumprir a sentencia e paralizar a actividade da planta.
3º Varios

Aproveitamos para informar da convocatoria da VIª Marcha a pé a Mugardos, do venres 20 de Xullo, que sairá do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, ás 17hs baixo o lema:

PASO A PASO, PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

Asemblea Cidadá Aberta

Xuño 7, 2012

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, para dar a coñecer o contido da sentenza do Tribunal Supremo que anula a modificación do PXOM de Mugardos, confirmando a ilegalidade da ubicación da Planta de Gas de Reganosa, convoca

ASEMBLEA CIDADÁ ABERTA

(de información e debate)

 Sábado 9 de xuño, ás 12 hs.

Praza de Armas – Ferrol

 Durante este acto terá lugar unha actuación musical.

Prégase difusión

CONVOCATORIA : XIX ASEMBLEA CIDADÁ

Abril 27, 2008

O Comité Cidadán de Emerxencia,

Convoca ás Asociacións, Entidades e particulares integrados na mesma, a participar na

 

XIX Asemblea Cidadá

 

Venres, 2 de Maio de 2008, ás 20 horas

Salón de Actos do Ateneo Ferrolán

 

Punto único: Calendario e preparación das mobilizacións aprobadas.

 

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

CELEBRADA A XVIII ASEMBLEA CIDADÁ

Abril 24, 2008

A XVIII Asemblea Cidadá, reunida onte no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, analizou as actividades mantidas desde a súa anterior convocatoria o pasado novembro:
-Relación con outros movementos sociais (Foro Social Galego, Galiza non se vende).
-Mobilizacións e presenza en actividades cidadás.
-Estado das demandas e recursos presentados, tanto en vía xurídica como administrativa.
Situación económica.

Abríndose a continuación un debate sobre a situación actual e as novas ameazas de Reganosa :
– Voadura da canle de entrada da Ría.
– Ampliación da capacidade de regasificación.
– Transporte de GNL en camións cisterna.
Aprobáronse nesta Asemblea diversas propostas de traballo e mobilizacións:

1º) Rolda de encontros co movemento asociativo da Comarca (Sindicatos, AAVV, Partidos Políticos) para dar a coñecer as novas ameazas e a situación actual.

2º) Preparación dunha Mobilización Comarcal (proposta para o 8 de xuño, como data máis próxima ao Día Mundial de Medio Ambiente).

3º) Festival artístico-musical-reivindicativo, no aniversario do Peche dá veciñanza de Meá non Concello de Mugardos.

4º ) Mobilizacións coincidindo co aniversario da entrada ilegal do primeiro gasero cargado na Ría (9 de maio de 2007). Convocaranse concentracións diante dos locais e sedes dos socios de REGANOSA.

5º) Realización dun mural de grandes dimensións (en cuxa confección participarán máis de 200 persoas) para mostrar de xeito permanente a ameaza constante da Planta de Gas, situada no interior da Ría, sobre a vida dos seus habitantes, e a agresión a sostenibilidade da mesma.

6º) Convocatoria da XIX Asemblea Cidadá, a celebrar o próximo 2 de maio de 2008, ás 8 da tarde, no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, cun único punto de Orde do Día: Calendario e preparación das mobilizacións aprobadas.

 

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA (máis…)

Convocatoria da XVIII ASEMBLEA CIDADÁ : 23 de Abril

Abril 22, 2008

A tódalas Entidades Cidadás e persoas integradas na Asamblea Cidadá de Ferrolterra

Convocatoria da

 

XVIII ASEMBLEA CIDADÁ

 

Mércores, 23 DE ABRIL DE 2008, ás 20.00 horas

Salón de Actos do Ateneo Ferrolán

 

Orde do Día:

1º.- Informe de situación

2º.- Ameaza de voladura do canal de entrada á Ría

3º.- Propostas de traballo e calendario de mobilizacións 

 

Ferrol, 8 de abril de 2008

 

Comité Cidadán de Emerxencia

para a Ría de Ferrol