Posted tagged ‘autoridade Portuaria de Ferrol’

O CCE convida a mostrar a solidaridade cos 14 mariscadores procesados.

Febreiro 22, 2010

O vindeiro xoves 25 de febreiro, ás 10 horas, no Xulgado do Penal de Ferrol ( Rúa Coruña s/n) terá lugar unha nova xornada do xuizo contra 14 mariscadores da Confraría de Ferrol acusados de “desordes públicos” pola entrada ao despacho do presidente da Autoridade Portuaria Amable Dopico (que estará presente como testemuña) demandando xustificación ante a prohibición de faenar o día 30 de maio de 2007 por mor da entrada na Ría do gaseiro “Mourad Didouche” cargado de GNL para Reganosa. Para todos eles pide o Fiscal nove meses de cárcel e indemnización económica a Autoridade Portuaria, unha das entidades causantes da permanente situación de perigo que vimos padecendo.

Este Comité Cidadán de Emerxencia solidarizase cos acusados, estima oportuno o sobreseimento da causa e fai un chamamento a cidadanía para acompañalos nese día. Estas persoas non cometeron outro delicto que a loita pola defensa dos seus postos de traballo, da sostenibilidade da Ría e a seguridade dos seus habitantes, os mesmos obxetivos que perseguian os cidadáns e cidadás que convocados por este Comité Cidadán de Emerxencia concentrabanse nese intre, no porto, a escasos metros da Autoridade Portuaria.

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

Solidaridade cos 14 mariscadores procesados.

Febreiro 21, 2010

 

Mañá, luns 22 de febreiro, no Xulgado do Penal de Ferrol, xúlgase a 14 mariscadores acusados pola fiscalía do delito de desordes públicas e para os que se pide nove meses de cárcere e unha indemnización á Autoridade Portuaria.

Os sucesos ocorreron o 30 de maio de 2007, cando un grupo de mariscadores entrou ao despacho do presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol, Amable Dopico, solicitando un determinado documento relativo á entrada a Reganosa do gaseiro Mourad Didouche, documento que Dopico se negaba a mostrar, alegando que non existía e que por fin “atopou” logo de tres horas de peche, tras o cal os mariscadores abandonaron o edificio.

Mentres isto ocorría, o Patron Maior da Confraría, Bernardo Bastida, estaba detido, e un gran número de persoas, convocadas polo Comité Cidadán de Emerxencia, ocupaban o porto, en protesta pola entrada ilegal de Gaseiros ao interior da nosa Ría.

Este Comité Cidadán de Emerxencia solidarízase cos acusados, estará presente mañá ás 10 horas no Xulgado, e considera que a causa debe ser sobreseida, tendo en conta que estes mariscadores actuaban en defensa da legalidade, dos seus postos de traballo e da vida e a seguridade dos habitantes da Ría de Ferrol.

 ¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !