O Comité Cidadán de Emerxencia, rexeita as manobras do Grupo Municipal do PP e da Autoridade Portuaria de Ferrol, encamiñadas a favorecer unha vez máis a Reganosa, pretendendo instalar elementos de alumeado no castelo de San Felipe – patrimonio histórico – para favorecer a entrada nocturna de gaseiros cargados de GNL para a Planta de Mugardos.
Reganosa é unha empresa privada cunha ubicación ilegal segundo confirma a recente sentenza do Tribunal Supremo e as administracións públicas están na obriga de poñer fin as súas connivencias con ella e instar a paralización da súa actividade, para dar fin ao deterioro da ría e ao perigo permanente sobre os seus habitantes .
Apoiamos e agradecemos o traballo do Grupo Municipal de Esquerda Unida denunciando estes intereses. Nota do G.M de EU.