Posted tagged ‘Bruxelas’

A Delegación do CCE no Parlamento Europeo

Novembro 30, 2007

 Delegación CCE a Bruxelas

Retornou de Bruxelas –  cubertos os obxetivos institucionais e mediáticos – a Delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, onde visitaron, os días 28 e 29, o Parlamento Europeo.  

Foron presentadas varias denuncias, na Comisión de Peticións e nos Servizos de Medio Ambiente da Comisión Europea, pola entrada en funcionamento da Planta de Gas en Mugardos.  Asemade fixeron entrega tamén dun escrito, asinado pola Cofradía de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, denunciando os danos producidos por Reganosa na actividade marisqueira da Ría.  

A viaxe, organizada polo Grupo Europeo de Esquerda Unida, permitíulle a esta Delegación entrevistarse con diversos parlamentarios dos Grupos: Socialista, Esquerda Unitaria Europea e Esquerda Verde.   

Na comunicación oficial do CCE amplíase esta nova en detalle (premer)  

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RIA ¡!