Hoxe 16 de Outubro, seguindo a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia, unhas 300 persoas concentráronse no Peirao de Curuxeiras a partir das 19 horas, agardando o segundo intento de entrada, nesta xornada, do 9º buque gaseiro que arriba a Reganosa – o “Cádiz Knusten” que, cargado de 138.000 m3 de GNL, foi recibido cunha sonora e longa protesta.
Unha vez mais, este Comité Cidadán, quere facer púbrica denuncia do perigo a que se está a someter á poboación de Ferrolterra coa ubicación da planta no interior da Ría e o tránsito por ela, o pé das nosas casas e das nosas vidas, dunhos gaseiros que xamais cumplirán os condicionados de seguridade.
Nesta ocasión, fracasado o primeiro intento polas condicións climatolóxicas – cunha visibilidade de 1000 metros por debaixo do normativo – e sin que os modernos medios de auxilio a navegación, subministrados por Reganosa nún alarde mediático, lles foran suficientes, forzaron temerariamente o segundo intento, en condicións de calado extremo e nocturnidade, o límite do establecido na normativa de navegabilidade, co consentimento e complicidade da Autoridade Portuaria.
Novamente este Comité Cidadán reafírmase na necesidade de seguir loitando – con tódolos medios legais ó noso alcance – pola nosa vida, o noso patrimonio e a riqueza da Ría de Ferrol.
¡ PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!