Posted tagged ‘Camelle’

O CCE na asemblea de SOS-Monuments

Xaneiro 30, 2014

Sos2

O pasado 25 de xaneiro, celebrouse en Barcelona a Asemblea anual de SOS-Monuments, na que se concederon os premios ás mellores obras conservadas “Admiracións conservades” e a aquelas ameazadas por abandono ou destruidas por unha mala intervención, “Admiracións destruïdes”.

O Comité Cidadán de Emerxencia e Fuco Buxán, representados por Fernando Ocampo, estiveron presentes nesta Asemblea, facendo unha intervención para agradecer a importante labor que SOS Monuments leva adiante en defensa do Patrimonio desde unha dimensión, non só artística, senón  implicada no social e no humano. Asemade agradecer tamén o premio recibido polo CCE no ano 2010 pola defensa da Ría de Ferrol e o seu patrimonio arqueolóxico, e manifestarlles a nosa decisión de continuar nesta loita de defensa da sostenibilidade e da vida.

Foi unha satisfacción pola nosa banda saudar aos socios  de Sos Monuments e acompañar a Mercedes Martín, representante da Fundación Man, de Camelle, que recolleu a distinción que lle outorgaron.

Admiracións 2013 (máis…)