Hoxe 18 de agosto, na provincia de Albacete, á altura do km 265 da N-322, un camión cisterna cargado de Gas Natural Licuado sufriu un accidente, ao saírse da vía por causas non coñecidas, no que hai que lamentar a morte do condutor.
Desde primeiras horas da mañá, dotacións de bombeiros de catro concellos, con sete camións, veñen traballando para controlar a fuga de gas e neutralizar o risco de incendio e explosión.
Durante todo o día a Nacional 322 permanece cortada nese punto.
Posted tagged ‘camion cisterna’
ACCIDENTE DE GAS EN ALBACETE
Agosto 18, 2008Pánico e tensión en Benidorm, polo accidente dun camión cisterna cargado de propano.
Xuño 14, 2008Un camión de Repsol chocou onte contra unha ponte no centro de Benidorm . A consecuencia do accidente, verteuse por completo a súa carga, 20.000 litros de gas propano. Non se rexistraron feridos nin intoxicados pero había risco de explosión que diminuía ao expandirse a nube de gas. As autoridades estableceron un radio de seguridade de máis dun quilómetro e desaloxaron unha ampla zona, que foi acordoada.
Unhas horas despois, nas que se viviron momentos de pánico e tensión, levantouse o cordón policial e permitíuselles regresar ás súas casas.
Como medida preventiva, e máis polo perigo de explosión que de intoxicación, pedíuselles que abran as fiestras e aireen as súas vivendas. Ademais, advertiulles de que durante as próximas horas non utilicen aparellos eléctricos, non fumen nin acendan cerillas nin usen mecheros
Segundo a portavoz municipal: o plan de emerxencia “foi todo un éxito e funcionou perfectamente” e destacou que a operación saldouse sen vítimas nin intoxicados. “tivemos a sorte de que era gas propano e non gas butano” dixo.
Ante iso, desde o Comité Cidadán de Emerxencia, preguntámosnos:
Se temos en conta que nos tanques de Reganosa hai unha cantidade 15.000 veces maior ¿que radio de seguridade terían que fixar as autoridades? ¿150 km ?¿15.000 km?¿Como se podería levar a cabo o desaloxo de todas as persoas dentro dese radio en poucos minutos?
Todos os habitantes de ferrolterra estamos sometidos a un elevado risco, totalmente innecesario, motivado pola ambición sen límites duns poucos empresarios co consentimento de case todos os partidos políticos.