Posted tagged ‘Caranza’

Lúns 1: CONCENTRACIÓN Gaseiro 96

Xullo 31, 2011

 

Prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 96 “LNG Bonny”, un vello gaseiro de hai 30 anos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca

CONCENTRACIÓN

Lúns, 1 de agosto, ás 20 hs.

Diante do Centro de Saúde de Caranza

(Cruce Avda. Castelao con Rúa Juan de Austria)

 VER PLANO

 Características do buque:

Nome.- LNG Bonny, Bandeira.- Bermudas, Ano Construción.- 1981 (30 anos de antiguedade)  Eslora.-. 286.85 m, Manga.- 41.84 m, Puntal.- 14.48 m, Calado.- 11.22 m, Capacidade.-.133.000 m 3

 ¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

Novembro 1: Magosto “A Ría na Rúa”

Outubro 30, 2008

O acto anunciado para o 1º de novembro no Cantón,  trasládase, por motivo do mal tempo previsto, ao  Centro Cívico de Caranza, quedando a convocatoria como segue:

 

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e coa colaboración da Asociación de Veciños de Caranza e da Concellalía de Cultura de Ferrol, o próximo 

 

sabado 1 de Novembro, a partir das 5 da tarde,

no Centro Cívico de Caranza,

 

terá lugar o acto de peche da semana de “A Ría na Rúa”, na que dez artistas locais elaboraron sendas pinturas murais alusivas ao perigo da ubicación da Planta de Gas no interior da Ría e que permaneceron expostas os últimos días en 10 prazas da nosa cidade.

 

Para salvagardar dos efectos da chuvia e vento destes días,  esta obra importante e desinteresada dos nosos artistas, chamada a ser patrimonio colectivo de Ferrol, vai ser exposta conxuntamente desde hoxe no vestíbulo do Centro Cívico de Caranza, e neste marco pictórico, o sábado 1º de Novembre a partir das 5 da tarde celebrarase un

MAGOSTO POPULAR, onde toda a cidanía, a prezos simbólicos, poderá degustar castañas, chourizos, panceta, pan, viño, refrescos, leite, etc., nunha tarde festiva, de confraternización e reivindicativa, disfrutando da música enxebre.

 

Para as nenas e nenos que presenten unha cabaza decorada, sortease unha bicicleta, por parte da A.VV, de Caranza, ainda que o mellor dos premios será contribuir coa súa arte a esta xuntanza en defensa dos noso dereitos e da nosa seguridade.

 

Difunde, participa, e sempre:

 

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

O Mural de As Pías.

Outubro 24, 2008

Como prólogo ás xornadas de “A Ría na Rúa” que comezarán mañá 25 de Outubro, compañeiras e compañeiros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, están confeccionando, con esforzo e bo ritmo, un Mural de gran tamaño, na parede do campo de deportes de A Parda, xunto á estrada das Pías, que anuncia esta actividade artística coa que o Comité quere, unha vez máis, chamar a atención en positivo, do perigo e prexuízo que ocasiona a ubicación no interior de nosa Ría, da Planta de Gas, e da ameaza que supón o continuo tráfico de gaseros ao pé das nosas casas e as nosas vidas.
Mañá, sábado 25 de outubro, ás 11,30 horas, desde o Centro Cívico de Caranza, iniciarase o Roteiro que, durante dúas horas, percorrerá as 10 prazas de Ferrol, onde outros tantos artistas plásticos estarán realizando a súa obra pictórica, gozando da súa arte e animándoos e agradecendo a súa desinteresada colaboración.
O Comité Cidadán de Emerxencia invita a todas e todos, a lucir mañá a camiseta de “Planta de Gas Fora dá Ría” participando desta marcha artística e solidaria.
E a todo o público a gozar da obra artística que durante a próxima semana permanecerá nas nosas prazas e logo no Cantón, levando a ría e a vida ás rúas da nosa cidade.

 

Enlace ao album de fotos

 

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡