Posted tagged ‘Comité Cidadán Emerxencia’

Concentración entrada Gaseiro nº 157

Novembro 3, 2013

 

DSC06317(foto do arquivo)

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 157 “Madrid Spirit”, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca:

CONCENTRACIÓN

Martes, 5 de novembro 2013, ás 19 hs,

diante do Edificio da Xunta de Galicia

Praza Amada García – Ferrol

Características do buque:

Nome.- Madrid Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 284.4 m, Manga.- 42.50 m, Puntal.-25.40 m, Calado.- 12.2 m, Capacidade.- 138.000 m³ de GNL

¡ PLANTA DE GAS: PECHE XÁ !

“ALERTA NA COSTA”

Febreiro 14, 2011

NOTA DE PRENSA DO CCE (14/02/2011)
ALERTA NA COSTA

En plena alerta por marexada, dous barcos cheos de gas merodean a costa da Coruña tentando descargar en Reganosa .
O buque gaseiro “Cheikh el Mokrani” que fai o nº 84 -dende a entrada de funcionamento da Planta de Reganosa- leva tentando achegarse a planta dende o pasado venres. Onte fallou o 3º intento de entrada na Ría por mor das condicions metereolóxicas e a singularidade da Ría de Ferrol .
O gaseiro “SCF Polar” que tiña previsto descargar hoxe, atopase nas mesmas circunstancias. Os dous barcos navegan en redondo a escasa millas da costa da Coruña.
No dia de hoxe, o gaseiro “Cheikh el Mokrani” fixo a síua entrada na Ría de Ferrol incumprindo a normativa de navegabilidade da Capitanía Marítima (adxuntanse documentos das derrotas dos remolcadores, práctico, normas de navegabilidade e incidencias da operación).
E xa son 21, as veces que un gaseiro cargado con GNL para Reganosa, ten que abortar a súa entrada na Ría por mor das malas condicións meteorolóxicas.
Estes intentos errados e os consecuentes días de espera en mar aberto, (sucede a 1 de cada 4 gaseiros), poñen en evidencia a reubicacion interesada –estaba prevista instalar no Porto Exterior- da Planta de Reganosa por parte dos seus promotores e supoñen un importante custo engadido ao gasto de transporte do GNL, que estamos a pagar toda a cidadanía nas tarifas de gas e electricidade.
Urxe parar esta planta perigosa, ilegal e innecesaria, e volver á subministración a través dos gasodutos existentes que agora manteñen pechados en beneficio dos socios de Reganosa.
• POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
• CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!

¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

Adxuntamos a continuación;

  • Cadro de incidencias da entrada do gaseiro Chiekh el Mocrani
  • Normas marítimas de navegación para os gaseiros,dentro da ría de Ferrol.

(Datos da Secretaria Xeral de transportes/Dirección Xeral da Mariña Mercante/Capitania Marítima de Ferrol)

(máis…)

Venres 3, CONCENTRACION, gaseiro nº 79

Decembro 2, 2010

 

Prevista a entrada do gaseiro nº 79 “Lng Rivers” o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca

CONCENTRACIÓN

mañá venres dia 3 de Decembro, ás 19 hs.

Praza Amada García – Ferrol

características do buque:

Nome.- LNG Rivers. Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 288 m, Manga.- 48.2 m, Calado.- 12.30 m Puntal.- 62.75 m, Capacidade.- 137.231 m³

¡Planta de Gas fóra da Ría!

22 Decembro: Convocatoria Asamblea Cidadá

Decembro 17, 2008

1axx1

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca a

 

XX Asamblea Cidadá

Luns, 22 de Decembro, ás 19 horas.

Local da A. VV. “Ferrol Vello”

 

Orde do día:

 

1.- Balance e informe de situación.

2.- Plan de traballo para os próximos meses.

 

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!