Posted tagged ‘comité cidadán’

Resposta do CCE ao Presidente de Reganosa

Outubro 18, 2013

O CCE resposta co seguinte comunicado ás declaracións do Presidente de Reganosa:

COMUNICADO

Concentración Gaseiro nº 126

Setembro 18, 2012

Prevista a entrada na Ría do Gaseiro cargado con GNL, nº 126 “Hispania Spirit” o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca:

CONCENTRACIÓN

mércores 19 de setembro ás 20 hs,

Praza do Himno Galego, Esteiro – Ferrol

Características do buque:

Nome.- Hispania Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 279.8 m, Manga.- 43.4 m, Puntal.- 26 m, Calado.- 12.12 m, Capacidade.- 140.500 m³ de GNL

Entrada gaseiro nº 116

Abril 5, 2012

Prevista a entrada na nosa Ría dun gaseiro cargado con GNL, que fará o nº 116 dos arribados a Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca:

 CONCENTRACIÓN

domingo, 8 de abril 2012, ás 19 hs,

diante do Edificio Admvo da Xunta de Galicia

Praza Amada García – Ferrol

 Características do buque:

Nome: STX Frontier, eslora: 288,60 m, manga: 44,03 m, puntal: 26,2 m, calado: 11,50 m, capacidade: 153.600 m3.

 ¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

O gaseiro de hoxe non entrou. E van 19.

Febreiro 11, 2011

 

O gaseiro “Cheikh el Mokrani” que fará o número 84 dos que, ilegal e perigosamente, chegan á nosa Ría transportando GNL para Reganosa, e que tiña prevista hoxe a súa entrada, tivo que desistir debido á forza do vento e permanece navegando polas inmediacións das nosas costas, á espera de poder arribar na marea de mañá.

Con esta, van xa 19 ocasións nas que as condicións meteorolóxicas impiden a entrada dos gaseiros a unha planta mal situada, no interior dunha ría angosta e perigosa para este tipo de buques.

O 22,62% deles (case un de cada catro) vense obrigados a atrasar un ou máis días a súa entrada.

En circunstancias como as de hoxe, se podería atracar no Porto Exterior, onde estaba prevista en principio a Planta de Gas, e cuxa localización se cambiou a Punta Promontoiro, exclusivamente para favorecer os intereses especulativos do Grupo Tojeiro.

Esta decisión de pasar dun chan público e seguro a un chan privado e perigoso, ademas de supor unha ameaza para a cidadanía e para a sustentabilidade da Ría e os seus traballadores, encarece notablemente o custo do gas que ao final pagamos todos nos recibos de gas e electricidade.

E todo isto, para manter aberta unha planta totalmente innecesaria, para a que unha vez máis, demandamos das Autoridades o cesamento de actividade e a posta en servizo novamente dos gasodutos que desde o inicio de Reganosa manteñen pechados e que serían unha solución moito máis segura e barata.

Na tarde de hoxe, membros do Comité Cidadán de Emerxencia concentráronse, como sucede sempre que se agarda entrada de gaseiro, diante do Edificio da Xunta de Galicia, para demandar: ¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

Outubro 22, 2010

Está prevista a entrada do gaseiro cargado con GNL nº  77 na nosa Ría, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia, como é habitual, convoca:

CONCENTRACIÓN

Sábado, 23 de outubro 2010, ás sete da tarde

diante do Edificio da Xunta de Galicia

(Praza Amada García – Ferrol)

 Caracteristicas do buque:

Nome.- LNG LOKOJA,  Bandeira.- Bermuda,  Eslora.- 288 m, Manga.- 43 m,

Calado.- 10.60 m,  Capacidade.- 148.300 m³, 

¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!