Posted tagged ‘Comité de Emergencia’

Crónica da V Marcha a Pé Ferrol-Mugardos

Xullo 23, 2011

 

Onte, 22 de xullo, convocados polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ao redor de duascentas persoas participaron nos actos da V Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, que partindo ás 5 da tarde do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, percorreu os concellos de Ferrol e Fene para rematar na Praza do Mercado de Mugardos tres horas despois, onde foron recibidos pola veciñanza de Mehá, que celebraba o 4º aniversario do seu peche no Concello, nun ambiente festivo, con música, comida e bebida.

As intervencións de Luz Marina Torrente, Presidenta da Asociación Veciñal “O Cruceiro” de Mehá e de Manuel Rodríguez Carballeira, Coordinador do Comité, marcaron os motivos desta 5ª Marcha, que se resumen nas 10 razóns (premer) polas que Reganosa debe sair da nosa Ría e das nosas vidas.

Hoxe e sempre: ¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

ÁLBUM FOTOGRÁFICO I

ÁLBUM FOTOGRÁFICO II

Crónica da Marcha e vídeo en ARTABRA21

 DIARIO DE FERROL

.O Recuncho