Posted tagged ‘Comité de Emerxencia’

Reunión do CCE co grupo do BNG no Parlamento de Galicia

Xullo 4, 2012

Xuntanza dunha representación do CCE co Grupo Parlamentario do BNG, no Parlamento de Galicia o dia 3 de Xullo de 2012

 A xuntanza celebrase despois da petición cursada polo Comité Cidadán de Emerxencia a todos os grupos do Parlamento de Galicia, tras a Sentenza inapelable do Tribunal Supremo que anulou a modificación do PXOM de Mugardos que serviu de base para a construción da planta de gas de Reganosa.

 Asistiron a reunión: polo Grupo do BNG; Ana Ponton Mondelo e Fernando Blanco Parga e polo CCE, Luz Marina Torrente López, Manuel A. Rguez. Carballeira, Eliseo Zaera Rios, Humberto Fidalgo Couce .

 Por parte do CCE, fíxose unha exposición do percorrido administrativo, xudicial e mobilizador ata esta sentenza do Supremo, lembrando o carácter perigoso da planta de Reganosa, unha ameaza para miles de persoas, que acelera a destrución do ecosistema da Ría, sendo ademais unha instalación deficitaria que nos custou, no ano 2011, perto de 58 millóns de euros. Tamen se puxeron en coñecemento do BNG, as actividades irregulares de Reganosa coa carga e descarga de GNL, as novas agresións á Ría, como o dragado da canle de entrada, ou o numero de dias baixo mínimos da planta durante o 2011.

 Tendo en conta que a ilegalidade da planta de Reganosa e insubsanable, o CCE recabou unha actuación decidida e coherente do Grupo Parlamentario do BNG o través das seguintes iniciativas parlamentarias:

 Solicitar do Goberno da Xunta de Galicia, o axeitado cumprimento da sentenza do Supremo

Abrir unha Comisión de investigación sobre a actividade de Reganosa.

Ferrol, a 3 de xullo de 2012

Entrevista a Lalán, en Rebelión

Setembro 13, 2011

Entrevista a Manuel Rodríguez Carballeira (Coordinador do CCE) sobre la planta de gas de Reganosa

La planta de Reganosa es una bomba instalada en el corazón de la ría, que amenaza noche y día a la población”

 Ler en REBELIÓN

A CONCENTRACIÓN no Peirao

Maio 13, 2011

 

Seguindo o recemente acordado sobre as concentracións rotatorias en distintos barrios da cidade, este venres 13 de maio, tivo lugar a concentración no Peirao de Ferrol, con motivo da entrada na ría do gaseiroº 91, “Norman Lady” cargado de GNL, un vello buque de 38 anos de antiguedade.

O Comité Cidadán de Emerxencia fixo patente – unha vez máis – o risco para a vida da cidadanía deste tráfico ilegal dentro da nosa ría, só en beneficio dos promotores dunha Planta de Gas innecesaria, deficitaria, perigosa e ecoloxicamente destructiva.

 ÁLBUM FOTOGRÁFICO

Homenaxe a Carmelo Teixeiro

Febreiro 1, 2011

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia

Sábado, 5 de febreiro 2011 ás 12 hs,

Acto en lembranza de

CARMELO TEIXEIRO

No Parque que leva o seu nome, en Caranza

No terceiro aniversario do seu pasamento, homenaxearemos cunha ofrenda floral, música e poesía, a quen foi querido compañeiro e primeiro Coordinador do Comité.

AS CONTAS DO COMITÉ DE EMERXENCIA

Outubro 15, 2010

Como se pode apreciar no balance de contas do presente ano, reflexado ao pé desta nota, os fondos do Comité Cidadán de Emerxencia presentan un saldo negativo de 506,21 €, o que dificulta enormemente o desenrolo das actividades que ven realizando en defensa da Ría e da vida da veciñanza desta comarca.

Para paliar esta situación se está procedendo a venda dunhos Bonos de Axuda ( 2 € ) que comprenden 4 números para o sorteo dun cuadro do pintor mugardés Luis Plana, en combinación co premio da ONCE do 19 de novembro.

En próximas datas ofertarase tamén Lotería de Nadal.

Aquelas persoas que deseen colaborar podeno facer adquirindo Rifas ou Lotería ou ingresando a súa axuda na conta bancaria do Comité, que máis abaixo se cita.

 Cuentas del comité:

1-1-2010…………………………………………6318,25 €

Ingresos:

Donaciones particulares:……………………….3225

Donaciones de asociaciones:

Fuco Buxán………………… …………..…………300

A.A.V.V. de Mehá…………………………………300

Artabra 21…………………… …………..……….100

Adega……………………………………………….50

C.C.O.O………………….………………..……….50

Festival de Ferrol………………………………….. 210

Festival de Mehá……………………   ………….443

                                                       Total: 4.678 €
Gastos:

Boletín: … ………………………………………..799,24

Cartelería……   ………………………………….342,20

…………………      …………………………………………94,40

Camisetas……  ………………………………….331

Flores………   ……………………………………245

Teléfono (mensajes del gasero) … …………….316,60

Varios………………………… ………………….146,40

Judiciales:

Tramitación de recursos…… ……………………83,33

Procuradores…………………   ………………..124,06

Peritaje……………………… ….………………4200,32

Recurso contencioso……… ………………….4819,91

                                                      Total: 11.502,46€

 (6318.25+4678)-11502,46 = – 506,21 €

Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander,  titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995