La retirada de Touriño de la política era algo prácticamente real desde hace un año y es oficial desde hace una semana. Su dimisión y apartamiento merecería una reflexión más amplia, nos lo recuerda el que, justo una semana después, el partido socialista pacte con el popular una Lei do Solo que parece que permitiría a una empresa construir una piscifactoría en cabo Touriñán pese a ser “espacio protegido”. Son hechos directamente relacionados.
Posted tagged ‘Comité de Emerxencia’
TOURIÑO Y TOURIÑAN
Marzo 22, 2010As denuncias contra Reganosa no Parlamento europeo seguen vixentes
Febreiro 24, 2010Hoxe, 23 de febreiro de 2010, a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo aceptou a ampliación das denuncias que contra a Planta Regasificadora de Reganosa en Mugardos foron presentadas por Esquerda Unida e polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
De tal xeito, saíndo ao paso das informacións de arquivo da mesma, difundidas por algún medio de comunicación, queda claro que a denuncia segue vixente, incrementada agora con novos datos que demostran o perigo desas instalacións no interior da Ría e as falsidades cometidas polos seus promotores en aras a xustificar a súa instalación e a súa solicitude de ampliación.
Datos concernentes ao perigoso tránsito dos gaseiros, dos cales un 20% teñen que pospor a súa entrada pola meteoroloxía e as peculiares condicións naturais da nosa Ría.
Datos sobre o innecesario desta instalación que por falta de demanda está funcionando a un terzo da súa capacidade a pesar de deixar fóra de servizo o gaseoducto de Tui.
Carencia dun plan real de emerxencia, tanto para as instalacións como para os buques ante unha situación constante de intranquilidade e de perigo para a poboación, pola súa localización, pola súa situación frecuente de baixas existencias (sinalado varias veces polo Sistema Gasístico) e pola imposibilidade a que os gaseros pódense enfrontar para entrar na ría ou saír dela en caso de urxencia.
A todo isto engádese o dano ecolóxico producido á ría cos sistemas empregados para a regasificación e a perda de postos de traballo que iso a medio prazo leva.
Este CCE demanda – unha vez máis – a paralización da Planta, a máis deficitaria de todo o Estado, polo seu perigo evidente e polo custo económico innecesario para toda a cidadanía que se está mantendo, exclusivamente para beneficio dos seus promotores, coa complicidade das autoridades estatais, autonómicas e locais.
Ferrol, 23 de febreiro de 2010
Comité Cidadán de Emerxencia
Para a Ría de Ferrol
13 Novembro: Mobilizacións de “Galiza non se vende”
Novembro 13, 2008Hoxe xoves 13 de Novembro, 6º aniversario do afundimento do Prestige
Unha representación do
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
mantivo un peche nos Pazos do Concello
de Ferrol e Mugardos
entre ás 10 e as 13 horas, coincidindo con outras movilizacións en moitos Concellos de Galicia, organizados pola
REDE GALIZA NON SE VENDE
En demanda de solucións aos problemas e agresións medioambientais que estamos a padecer.
Nesta Comarca, de xeito especial pola ameaza da
Planta de Gas de Reganosa
e do perigo do tráfico ilegal de gaseiros na nosa Ría.
¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡
Manifiesto e Mobilizacións de hoxe en Galicia
Hoxe, as 10 da mañán activistas dos colectivos integrantes da Rede Galiza Non se Vende iniciaron peches simultáneos nos seguintes edificios administrativos:
– Ferrol: Edificio do Concello.
– Mugardos – Edificio do Concello.
– Vigo: Edificios Administrativos da Xunta. r/ Concepción Arenal.
– Compostela. Consellería de Medio Ambiente.
– A Coruña. Edificio Administrativo da Xunta en Monelos.
– Ribadavia. Concello de Rivadavia.
Baixo o lema “Goberne quen Goberne: Galiza non se Vende” os activistas queren denunciar as políticas continuístas que seguen vendendo o País a intereses escuros, depredando, aplicando modelos traídos doutros lugares, provocando que Galicia perda de vez a súa idiosincrasia e se afiance nunhas prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais, enerxéticas, territoriais, alimentarias, relacionais, etc… que nada teñen que ver coas necesidades do País e das súas xentes, coa vida digna de quen hoxe habita a Terra e de quen poda vir despois.