Posted tagged ‘Compostela’

Hoxe 15 de febreiro en Compostela :Galiza non se Vende

Febreiro 15, 2009

img_1415

A convocatoria da Rede Galiza non se Vende, mobilizou hoxe a varios milleiros de persoas en Compostela,  coa consigna de : “Goberne quen goberne, Galiza non se vende”, para exixir unha política máis respetuosa co medio ambiente e o territorio.

 

Enlace a web de “Galiza non se Vende”

 

Enlace a web de “Vieiros”

 

Enlace a Album fotográfico

 

TEXTO ÍNTEGRO DO COMUNICADO LIDO NA PRAZA DA QUINTANA AO REMATE DA MANIFESTACIÓN DE GALIZA NON SE VENDE O 15/02/09

Compañeiras e compañeiros:

Volvemos hoxe aquí, un ano despois da última cita, porque sobran os motivos.

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos a nosa máis enérxica protesta ante o panorama que deixa este goberno disfrazado de progresista coas súas políticas ambientais e sociais que están destruíndo os recursos naturais de Galiza, a súa biodiversidade e o seu patrimonio humano e cultural. Políticas ambientais e sociais que significan a continuación das de gobernos anteriores no triste camiño de entregar o país ás grandes empresas multinacionais e ós grandes intereses económicos, utilizando o gasto público para alimentar este obsoleto e inxusto modelo económico e social.

Políticas que, xordas e cegas diante das fondas crises económica, enerxética e ambiental que vivimos, pretenden seguir, como se nada pasara, na senda imposible do “crecemento económico continuado e ilimitado“. Na trastornada senda de destruír máis, para producir máis, para consumir máis.

(máis…)

Advertisements