Posted tagged ‘Concentración’

O 85 Gaseiro tampouco pode entrar na ría

Febreiro 15, 2011

Premer na foto,para ollar o álbum

Aparte do mal tempo na costa ,que imposibilitaba a entrada na ría do gaseiro “SCF Polar”,o verdadeiro motivo polo que non entrou,é que o gaseiro nº “Cheikh el Mokrani”(nº84),que tiña que descargar o venres,non poido facer a sua entrada ata onte,día que tiña a entrada o “SCF Polar”(nº85).

E mañá terá que esperar a que mellore o tempo,e que o “Cheikh el Mokrani” abandoe o peirao de Reganosa.

Estes intentos errados e os consecuentes días de espera en mar aberto, (sucede a 1 de cada 4 gaseiros), poñen en evidencia a reubicacion interesada –estaba prevista instalar no Porto Exterior- da Planta de Reganosa por parte dos seus promotores e supoñen un importante custo engadido ao gasto de transporte do GNL, que estamos a pagar toda a cidadanía nas tarifas de gas e electricidade.
Urxe parar esta planta perigosa, ilegal e innecesaria, e volver á subministración a través dos gasodutos existentes que agora manteñen pechados en beneficio dos socios de Reganosa.

¡¡POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
¡¡CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!

¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

CONCENTRACION entrada gaseiro nº 85

Febreiro 14, 2011

Dende o domingo leva merodeando as costas de A coruña este vello gaseiro de 42 anos de antiguedade, cargado con GNL e denominado “SCF Polar” . Na prevision da súa entrada mañá martes dia 15 na Ría, o que sería o nº 85.

O CCE convoca unha CONCENTRACIÓN

martes, 15 de febreiro 2011, ás 19 hs,diante Edificio Xunta de Galicia,(Praza Amada García – Ferrol)
características do buque:
Nome.- SCF Polar,Ano construcción.- 1969,Bandeira .- Liberia,Eslora.- 243.34 m,Manga.- 34.04 m,Puntal.- 21.2 m,Calado.- 10.03m,Capacidade.- 71.500 m³
Suliñamos a antigüedade do gaseiro (42 anos).

¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

¿Distancias de seguridade?

DESCONVOCADA a concentración do Sábado, 27

Febreiro 26, 2010

Ante as perspectivas meteorolóxicas previstas para mañá, sábado 27 de febreiro, con posibilidade de declaración de “Aletra Vermella” debido ao forte vento esperado, e a recomendación de evitar os desplazamentos, o Comité Cidadán de Emerxencia para A Ría de Ferrol, decidiu

 DESCONVOCAR

a concentración anunciada, con motivo da entrada do gaseiro nº 61,”Hispania Spirit” cargado de GNL para Reganosa.

 ¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

Venres, 17 : CONCENTRACION ás 12,30 h.

Xullo 16, 2009

IMG46_5377

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
 
Convoca a unha
 
CONCENTRACIÓN
 
Venres, 17 de xullo, ás 12,30 hs.,
 
diante do Edificio Admvo. da Xunta de Galicia
 
Praza Amada García – Ferrol
 
Para apoiar a entrega de sendos escritos dirixidos ao Presidente do Goberno e Presidente da Xunta de Galicia, advirtindo do grave perigo que supón a ubicación da Planta de Gas no interior da Ría, e o constante e ilegal tráfico de buques cargados de GNL, e cuxas posibles consecuencias vimos no recente accidente ocorrido en Viarreggio (Italia), con 17 mortos e moitos feridos, ainda que nese caso tratábase de 36 T. e pola contra os tanques de Reganosa serían 150.000 T. e os buques 50 ou 60.000 T.
 

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

12 febreiro: CONCENTRACIÓN – Gaseiro nº 41

Febreiro 11, 2009

Enlace as fotografías e Vídeo da concentración máis abaixo anunciada

Album fotográfico

Vídeo

CONVOCATORIA

 

Está prevista para o xoves a entrada  na Ría de Ferrol do que será o gaseiro cargado nº 41, chamado “SOHARLNG” e cuxas caracteristicas son:

Bandeira.- Panamá,  Eslora.- 286.28 m., Manga.- 45.75 m., Calado Máximo.- 11.35 m., Capacidade.- 137.248 m3

 

Polo que o Comité Cidadán de Emerxencia convoca:

 

CONCENTRACION

 

Xoves, 12 de Febreiro, ás 7 da tarde

diante do Edificio Admvo. da Xunta de Galicia

Praza Amada García – Ferrol

 

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡