Posted tagged ‘Confraría Ferrol’

Éxito do Festival en solidaridade cos Mariscadores

Xuño 6, 2010

 

UN EVENTO EXCEPCIONAL

Un evento excepcional, así o cualificaron moitas das persoas que se achegaron ao festival en solidariedade cos mariscadores da Ría de Ferrol, procesados por paralizar  a entrada do gaseiro “Galicia Spirit”. Grazas por deixar-nos participar co noso grao de area, comentaban os grupos de artistas que ao longo de toda a tarde e noite do venres, encheron de arte e solidariedade a Praza Vella do porto de Ferrol.

As palabras do Patrón Maior da Confraría, Xosé Estevez, foron de agradecemento e lembranza dos sucesos do mes de maio de 2007. Unhas imaxes do documental “ O salario do silencio”, proxectadas contra a carpa que cubría unha parte da praza, trouxeron á memoria de moitas das persoas alí reunidas, o sucedido naqueles primeiros días de maio.

A música e o baile recibiron a madrugada do “Dia Mundial do Medio Ambiente”,  que ficará na memoria de quen por alí pasou ou participou, como unha xornada de reivindicación e confraternización, no sentimento de que unha ameaza, e unha inxustiza como a que representa Reganosa na vida de miles de persoas desta comarca, non pode quedar sen resolver, non pode quedar impune.

 Comité  Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Información sobre os Grupos actuantes.

 Álbum fotográfico

 

Reganosa hoxe no Parlamento Europeo

Febreiro 23, 2010

 

Hoxe martes 23 de febreiro a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo tratará a Petición nº 1322/2007 sobre a Planta de Gas de Reganosa en Mugardos.

Petición presentada a través do Grupo Parlamentario de Esquerda Unida, e asinada por Esquerda Unida de Galicia, Federación Veciñal Roi Xordo  e Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol.

Información detallada