Posted tagged ‘denuncias contra Reganosa’

Avanzan as denuncias contra Reganosa no Parlamento Europeo

Outubro 26, 2010

A  Comisón de Peticións do Parlamento Europeo, en sesión celebrada onte 25 de outubro, acordou seguir tramitando a denuncia contra a ilegal e perigosa Planta de Gas de Reganosa, que fora presentada por Esquerda Unida e o Comité Cidadán de Emerxencia, e que foi defendida nesta sesión polo eurodeputado de EU, Willy Meyer, do Grupo Confederal Esquerda Europea e vicepresidente da citada Comisión de Peticións.

Segue tamén o seu trámite, na Comisión Europea, outra denuncia (Refª: Ayudas de Estado-CP 309/2007, de 29.10.07 e alegacións complementarias posteriores) ante a Dirección General de la Competencia, presentada pola A. VV. O Cruceiro de Mehá e a Federación Veciñal “Roi Xordo”.

Confiando que o esforzo permanente de oposición da cidadanía e a xustiza (tal como ten confirmado en varias sentenzas o noso Tribunal Superior) acaben co perigo e o despilfarro económico a que esta Planta de Gas nos somete, proseguiremos na nosa demanda, como hai más de unha década vimos facendo:

¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!