Posted tagged ‘entrada gaseiro’

Concentración Gaseiro nº 126

Setembro 18, 2012

Prevista a entrada na Ría do Gaseiro cargado con GNL, nº 126 “Hispania Spirit” o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca:

CONCENTRACIÓN

mércores 19 de setembro ás 20 hs,

Praza do Himno Galego, Esteiro – Ferrol

Características do buque:

Nome.- Hispania Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 279.8 m, Manga.- 43.4 m, Puntal.- 26 m, Calado.- 12.12 m, Capacidade.- 140.500 m³ de GNL

O 85 Gaseiro tampouco pode entrar na ría

Febreiro 15, 2011

Premer na foto,para ollar o álbum

Aparte do mal tempo na costa ,que imposibilitaba a entrada na ría do gaseiro “SCF Polar”,o verdadeiro motivo polo que non entrou,é que o gaseiro nº “Cheikh el Mokrani”(nº84),que tiña que descargar o venres,non poido facer a sua entrada ata onte,día que tiña a entrada o “SCF Polar”(nº85).

E mañá terá que esperar a que mellore o tempo,e que o “Cheikh el Mokrani” abandoe o peirao de Reganosa.

Estes intentos errados e os consecuentes días de espera en mar aberto, (sucede a 1 de cada 4 gaseiros), poñen en evidencia a reubicacion interesada –estaba prevista instalar no Porto Exterior- da Planta de Reganosa por parte dos seus promotores e supoñen un importante custo engadido ao gasto de transporte do GNL, que estamos a pagar toda a cidadanía nas tarifas de gas e electricidade.
Urxe parar esta planta perigosa, ilegal e innecesaria, e volver á subministración a través dos gasodutos existentes que agora manteñen pechados en beneficio dos socios de Reganosa.

¡¡POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
¡¡CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!

¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

UN RISCO INNECESARIO

Febreiro 13, 2011

LNG Lagos,(o 21 de enero,os remolcadores tiveron que traballar a reo contra o vento)

E xa son 20,as ocasións nas que un gaseiro ten que abortar a entrada ao interior da ría de Ferrol,con destino a ilegal e perigosa planta de gas “Reganosa”.Queda ben patente que a planta de gas,está mal ubicada, no interior dunha ría angosta e perigosa para este tipo de buques.

Desta volta,e por segunda vez en dous días,o gaseiro “Cheikh el Mokrani” tivo que abortar a tentativa de entrada na ría.Parecera que os elementos meteorolóxicos quixeran aliarse coa cidadanía,contra o “despropósito” Reganosa.Case un 25% dos gaseiros vense obrigados a atrasar un ou máis días a súa entrada.,esto supón un custo engadido que encarece notablemente o gas que ao final pagamos tod@s,nos recibos de gas e electricidade.

Todo isto, para manter aberta unha planta totalmente innecesaria, para a que unha vez máis, demandamos das Autoridades o cesamento de actividade e a posta en servizo novamente dos gasodutos que desde o inicio de Reganosa manteñen pechados e que serían unha solución moito máis segura e barata.

 

Madrid Spirit,(atracou o 07 de febreiro,sen apenas luz diurna)

¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!

Luns,7 de Febreiro,entrada do gaseiro nº83

Febreiro 6, 2011

Prevista a entrada na Ría do gaseiro que fará o nº 83, Madrid Spirit cargado con GNL, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca:

CONCENTRACIÓN

LUNS, 07 de febreiro 2011, ás 19 hs,diante do Edificio da Xunta de Galicia,(Praza Amada García – Ferrol)

Características;

Nome: Madrid Spirit – Bandeira:España – Ano Construcción: 2004 – Eslora: 284,4 m – Manga: 42.5 m – Calado: 12.20 m – Puntal: 25.04 m – Capacidade.- 138.000 m³

¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

Maio 11, 2010

Estando prevista a entrada na Ría do que sería  o gaseiro nº 65, cargado de GNL para Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca

 CONCENTRACIÓN

 Mércores, 12 de maio, ás 8 da tarde*

 Diante do Edificio da Xunta de Galicia

Praza Amada García – Ferrol

 Características do buque:

 Denominación: ”LNG  Catalunya Spirit” , Bandeira.-España, Eslora .- 264 m, Manga- 42.5 m, Calado: 12 m, Capacidade.- 138.000 m³

 O “Catalunya Spirit”, en febreiro do 2008, levando 93.000 toneladas de gas desde Trinidad Tobago a Bostón quedou á deriva por problemas na computadora que xestiona os séus motores, nas costas de Massachussets, frente ao Cabo Cod

 Aplícase desde esta convocatoria horario de verán

 ¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!