Posted tagged ‘Esquerda Unida’

O CCE co Eurodeputado Willy Meyer

Maio 2, 2011

  

No día de hoxe tivo lugar unha xuntanza do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol co Eurodeputado de Esquerda Unida Willy Meyer, para abordar a amenaza que supón a Planta de Gas de Reganosa.

Na reunión, Willy Meyer, comprometeuse a presentar novas denuncias contra a Planta de Gas, diante da Comisión de Peticións e outros diferentes organismos da Unión Europea, pola peligrosidade da ubicación, e por tratarse dunha instalación ilegal, deficitaria e innecesaria, e que pretenden ampliar.

Denunciaranse tamén, a través deste Eurodiputado, as novas agresións de Reganosa contra a Ría de Ferrol, entre outras a pretensión de dragar o canle de entrada.

SUSTENTABILIDAD. Yolanda Díaz

Xuño 6, 2010

Diante do día do medio ambiente non me resisto a afirmar  o antagonismo entre as formacións económicas e sociais capitalistas e a preservación do medio físico que alberga a vida.  En Galicia e no planeta a realidade de depredación e cobiza capitalistas produce a perda dos hábitats naturais, a diminución da biodiversidade, as diversas contaminacións que firen a saúde pública, o desartellamento territorial que supón inzar de urbanizacións ou negocios o que teñen que ser espazos para o lecer e a vida sustentable. O PP agora con toda a determinación  e o bipartito antes, coa súa aceptación da lóxica produtivista do capital, mancan a riqueza e fermosura da nosa terra. Entón como agora seguimos a padecer os riscos  da planta de gas de Reganosa, a falla de depuración das nosas rías, as operacións especulativas como a do Salgueirón no Morrazo,  o incumprimento de sentenzas xudiciais firmes co ferrazo en Vilagarcía ou os recheos en Marín, ou as agresións que do Caurel a Touriñán priorizan facer cartos para uns poucos depredando e desprezando os intereses xerais da cidadanía. Sen directrices de ordenación territorial se aproban plans parciais na acuicultura  e no  litoral, ou se modifica pro domo sua a legalidade urbanística para sancionar unha praxe de feitos consumados ao servizo dos intereses capitalistas, sen que as forzas políticas do Hórreo fagan outra cousa que  turnarse nese desgoberno da cousa pública.  Cómpre erguer unha alternativa política e social quen de producir unha política distinta, outra, sustentable, de esquerdas.

(*) Yolanda Díaz é portavoz de EU

Artigo publicado no “Diario de Ferrol”. O suliñado é noso,

As denuncias contra Reganosa no Parlamento europeo seguen vixentes

Febreiro 24, 2010

 

Hoxe, 23 de febreiro de 2010, a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo aceptou a ampliación das denuncias que contra a Planta Regasificadora de Reganosa en Mugardos foron presentadas por Esquerda Unida e polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

De tal xeito, saíndo ao paso das informacións de arquivo da mesma, difundidas por algún medio de comunicación, queda claro que a denuncia segue vixente, incrementada agora con novos datos que demostran o perigo desas instalacións no interior da Ría e as falsidades cometidas polos seus promotores en aras a xustificar a súa instalación e a súa solicitude de ampliación.

Datos concernentes ao perigoso tránsito dos gaseiros, dos cales un 20% teñen que pospor a súa entrada pola meteoroloxía e as peculiares condicións naturais da nosa Ría.

Datos sobre o innecesario desta instalación que por falta de demanda está funcionando a un terzo da súa capacidade a pesar de deixar fóra de servizo o gaseoducto de Tui.

Carencia dun plan real de emerxencia, tanto para as instalacións como para os buques ante unha situación constante de intranquilidade e de perigo para a poboación, pola súa localización, pola súa situación frecuente de baixas existencias (sinalado varias veces polo Sistema Gasístico) e pola imposibilidade a que os gaseros pódense enfrontar para entrar na ría ou saír dela en caso de urxencia.

A todo isto engádese o dano ecolóxico producido á ría cos sistemas empregados para a regasificación e a perda de postos de traballo que iso a medio prazo leva.

Este CCE demanda – unha vez máis – a paralización da Planta, a máis deficitaria de todo o Estado, polo seu perigo evidente e polo custo económico innecesario para toda a cidadanía que se está mantendo, exclusivamente para beneficio dos seus promotores, coa complicidade das autoridades estatais, autonómicas e locais.

Ferrol, 23 de febreiro de 2010

Comité Cidadán de Emerxencia

Para a Ría de Ferrol

UNHA BOMBA NA RÍA artigo de Yolanda Díaz

Xullo 18, 2009

Pódense pechar os ollos e confiar en que non vaia pasar nada ao modo en que os nenos deixan de mirar cando semella haber perigo, pódese deixar especular a grupos económicos privados coa seguridade das persoas que vivimos ao carón da ría, pódese tolerar en nome de intereses bastardos o constante tráfico ilegal de buques cargados con cincuenta ou sesenta mil toneladas de gas natural ( 24 mortos no accidente ferroviario que transportaba gas natural, apenas 36 tm., na localidade italiana de Viareggio ), pódese un render as sereas que cantan a tiranía dos feitos consumados, mais unha racionalidade crítica á hora de defender a seguridade e o benestar das persoas ten que teimar na denuncia e o traballo para derrotar a bomba que seguimos a ter na ría, a planta de gas de Reganosa. Esta loita non é unha causa perdida. Esquerda Unida estivo, está e estará até que se peche a planta de gas que nos ameaza co seu emprazamento. EU está ao carón de máis de 60 colectivos, de milleiros de persoas críticas, lúcidas. En Vilagarcía os tribunais veñen de dar a razón as organizacións que defendiamos que había que desmantelar os depósitos de hidrocarburos de ferrazo. En Ferrol se continuamos na loita o conseguiremos tamén. Cadea nesta loita a III Marcha a Mugardos que terá lugar o vindeiro xoves, día 23, con saída dende Caranza, do parque do noso querido Carmelo Teixeiro, ás cinco da tarde. E en Mugardos, as nove da noite xuntarémonos no Parque dos Carneiros, nunha celebración lúdica e reivindicativa. Planta de gas fóra da ría !

(*) YOLANDA DÍAZ É PORTAVOZ DO GRUPO MUNICIPALDE IU

Artigo publicado no “Diario de Ferrol” – opinión , 18.07.2009