Posted tagged ‘EXPLOSION iTALIA’

Explosión de 2 cisternas dun tren cargado de gas en Italia causa 15 mortos, 50 feridos e 30 desaparecidos.

Xuño 30, 2009

trenItaly_11

Este CCE, desde o sentimento de condolencia cos afectados, non pode por menos que reflexionar sobre as proporcións do sinistro, causado por dous vagóns cisterna e comparalo co que orixinaría un buque gaseIro de 60.000 T, ou os dous depósitos de Reganosa que suman 150.000 T.

 


A TRÁXICA NOTICIA

Dous vagóns cisterna cargados de gas explotaron na estación de Viareggio, preto de Florencia (Norte de Italia).

Descoñécense polo momento as causas que orixinaron o accidente, ocorrido na medianoite do 29 ao 30 de xuño, nas proximidades da estación ferroviaria desta cidade de 50.000 habitantes.

Un descarrilamento podería causar a saída de gas Gpl que se incendiou unha vez fóra da cisterna. Pouco despois, numerosas explosións transformaron nunha enorme fogueira a estación, as casas circundantes e os coches aparcados en Via Aurelia.
O “efecto bomba” causou unha onda expansiva que afectou a varios edificios veciños que se derrubaron, mentres que outros se viron envolvidos en chamas,.
Os mortos e os feridos son todos eles civís e resultaron afectados nunha zona residencial de 300 metros próxima ao área da explosión.
Poucos minutos logo da explosión, Protección Civil declarou o estado de urxencia rexional e fixo confluír no lugar aos bombeiros de Toscana e Liguria.
Xente escapando :Os testemuños da traxedia multiplícanse: “vin xente que se escapaba dos coches incendiados quitándose a roupa en chamas, verdadeiros fachos humanos”
Un milleiro de persoas foron evacuadas.
Segundo Ferrovie, os controis realizados non detectaran ningunha anomalía. Os bombeiros están traballando para asegurar os outros 13 vagóns-cisterna cheos de Gpl, que poderían aínda explotar pola propagación da calor, ao cesar o sitema de refrixeración.

VIDEO