Posted tagged ‘ferrol’

Axudas Económicas ao Comité Cidadán de Emerxencia

Xullo 21, 2022

O CCE continúa recibindo axudas económicas para afrontar os gastos de demandas e denuncias da ilegalidade e perigosidade da Planta de Gas no interior da nosa Ría. Resumo do ingresado:

8 aportacións de 50 € = 400; 6 aportacións de 100 € = 600 ; 1 aportación de 200 = 200; 1 aportación de 185 € = 185;

TOTAL = 1.385 €. Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander,  titular: Luz Marina Torrente e outros
ES 71 00493315772894017995

Concentración Gaseiro nº 103

Outubro 26, 2011

Prevista para o xoves dia 27, a entrada na Ría, dun vello Gaseiro (de 35 anos de antiguedade !! ) cargado con GNL nº 103, “LNG Lagos” o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca

CONCENTRACIÓN

XOVES, 27 DE OUTUBRO, ÁS 19 HS. (sete da tarde)

Praza de Armas – Ferrol

Características do buque:

Ano Construcion.- 1976, Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 274.42 m, Manga.- 42 m, Calado.- 11.8 m, Puntal.- 23.77 m, Capacidade.- 122.000 m 3 de GNL

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

E van 25 !!!

Maio 19, 2011

 

O NLG “ABUJA” que tiña prevista onte a súa arribada a Reganosa na pleamar da tarde, tivo que renunciar á súa entrada polas malas condicións metereolóxicas.

Permanece navegando en redondo, diante das nosas costas, a unhas 40 millas ao norte de Cabo Ortegal, a espera da única pleamar diurna de hoxe (18,35 hs.) se as condicións de vento e mar o permiten, que é dudoso segundo as previsións (vento forza 5).

Fai este buque o número 25 dos que non lograron atravesar a canle da ría no momento previsto, respecto dos 92 que con destino a Reganosa chegan cargados de GNL. Isto supón que máis do 27 %, 1 de cada 3,7 buques, atrasa un ou mais dias a súa entrada, co consecuente incremento do recibo enerxético que todos pagamos.

O CCE concentrouse onte ás 20 horas en Canido, para reclamar unha vez mais o peche desta planta perigosa, innecesaria e antieconomica e a apertura do gasoduto Tui . Llanera, pechado en beneficio dos promotores de Reganosa.

Fotografías da concentración

Concentración ante o Consello da Xunta

Marzo 24, 2011

 

Representantes do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol concentráronse hoxe a mañá ante o Edificio Administrativo da Xunta, na Praza Amada García, coincidindo coa celebración nese lugar do Consello da Xunta de Galicia, para exixirlles – unha vez máis – o cese de actividade e o desmantelamento da Planta de Gas de Reganosa en Mugardos.

Unha Planta innecesaria, antieconómica, destructiva da riqueza da ría e amenaza constante da vida da cidadanía.

Unha Planta para a que, tras catro anos de funcionamento, e motivado polo sucedido en Xapón, proxecta agora a Xunta poñer en marcha un Plan de Emerxencia, burda manobra que non convence a ninguén, pois toda a cidadanía é consciente que de producirse un accidente convirteríase nunha traxedia con milleiros de mortos.

En coincidencia, outros colectivos ferroláns manifestaron os moitos incumplimentos desta Xunta de Galicia, segundo se amosa neste

ALBUM FOTOGRÁFICO

 

Persisten os cheiros de Forestal. Solicitude de entrevista.

Outubro 14, 2010

 

A. VV. O Cruceiro de Mehá

ESCRITO DIRIXIDO AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

 A Asociación de veciños O Cruceiro de Mehá acaba de enviar un escrito á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental solicitando unha entrevista para tratar o tema da emisión de cheiros procedentes da empresa Forestal del Atlántico que, despois de todas as denuncias feitas, aínda segue sen solución.

Na petición de entrevista faise referencia a un escrito remitido por dita Secretaría no que se indicaba que continuarían as tomas de aire en varios puntos e que se instara á empresa a adoptar as medidas necesarias para minimizar a emisión de cheiros.

Coa xuntanza dita asociación pretende obter información sobre estes dous aspectos e, sobre todo, conseguir que se solucione o problema dunha vez por todas xa que os cheiros son cada vez máis persistentes e afectan negativamente na saúde e na calidade de vida dos veciños.

Ler o escrito

(máis…)