Posted tagged ‘ferrol’

Domingo 25: CONCENTRACIÓN entrada gaseiro nº 70

Xullo 24, 2010

Prevista a entrada na Ría do Gaseiro, cargado con GNL, nº 70,

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Convoca

CONCENTRACIÓN

domingo 25 de xullo 2010, ás 20 horas

Edificio Xunta de Galicia – Praza Amada García – Ferrol

caracteristicas:

Nome.- Cheik el Mokrani,  Bandeira.- Bahamas,  Eslora.- 220 m, Manga.- 35 m, Puntal.- 22.55 m, Calado.- 10 m,  Capacidade.- 75.500 m3.

¡PLANTA DE GAS FORA DA RIA!

Os socios comezan a abandonar o buque

Xuño 8, 2010

A Planta de Gas de Reganosa, unha planta considerada estratéxica para os seus promotores, comeza a deixar de selo.

Endesa, un dos socios de referencia da planta, acaba de pór á venda a súa participación do 21 % e negocia xa cun fondo de investimento o traspaso das súas accións.

Reganosa é unha planta perigosa e innecesaria que traballa só ao 30 % da súa capacidade, amparada no peche do gasoduto de Tui, e que orixina un déficit ao Sistema Gasístico Español de 60 Millóns de euros anuais, cuxo custo sufragamos tod@s cos nosos impostos, en beneficio dos seus promotores.

 

Ler a noticia en La Voz de Galicia.

SUSTENTABILIDAD. Yolanda Díaz

Xuño 6, 2010

Diante do día do medio ambiente non me resisto a afirmar  o antagonismo entre as formacións económicas e sociais capitalistas e a preservación do medio físico que alberga a vida.  En Galicia e no planeta a realidade de depredación e cobiza capitalistas produce a perda dos hábitats naturais, a diminución da biodiversidade, as diversas contaminacións que firen a saúde pública, o desartellamento territorial que supón inzar de urbanizacións ou negocios o que teñen que ser espazos para o lecer e a vida sustentable. O PP agora con toda a determinación  e o bipartito antes, coa súa aceptación da lóxica produtivista do capital, mancan a riqueza e fermosura da nosa terra. Entón como agora seguimos a padecer os riscos  da planta de gas de Reganosa, a falla de depuración das nosas rías, as operacións especulativas como a do Salgueirón no Morrazo,  o incumprimento de sentenzas xudiciais firmes co ferrazo en Vilagarcía ou os recheos en Marín, ou as agresións que do Caurel a Touriñán priorizan facer cartos para uns poucos depredando e desprezando os intereses xerais da cidadanía. Sen directrices de ordenación territorial se aproban plans parciais na acuicultura  e no  litoral, ou se modifica pro domo sua a legalidade urbanística para sancionar unha praxe de feitos consumados ao servizo dos intereses capitalistas, sen que as forzas políticas do Hórreo fagan outra cousa que  turnarse nese desgoberno da cousa pública.  Cómpre erguer unha alternativa política e social quen de producir unha política distinta, outra, sustentable, de esquerdas.

(*) Yolanda Díaz é portavoz de EU

Artigo publicado no “Diario de Ferrol”. O suliñado é noso,

As autoinculpacións nos medios

Xuño 2, 2010

Numeros medios de comunicación, webs e blogs, reflicten a AUTO INCULPACIÓN efectuada onte no Xulgado de Ferrol, mediante escrito dirixido a fiscalía, de 31 persoas, membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, asumindo a sua participación na detención no 2007 do LNG “Galicia Spirit”, feito polo que soamente se procesa aos 60 Mariscadores, cando esta acción foi decidida polo Comité Cidadán, participando nela ademáis de mariscadores da Confraria de Ferrol cerca dun cento de persoas de distintas asociacións, entidades e  tamén a título personal, sempre en defensa da Ría e da vida dos seus habitantes.

Diario de Ferrol

El Pais   

canal 31 TV

La Voz de Galicia

La Opinion Coruña.es

ABC.es

El Correo Gallego

finanzas.com

Radiofusiòn

Colectivo Artabra 21

Fuco Buxán, A.C.

Outro Vigo é posible

R€GANOSA IL€GAL

Queiruga virgen

A Chorima

Canario do Penedo

ÁLBUM FOTOGRÁFICO

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

Xuño 1, 2010

Hoxe martes dia 1 de Xuño as 11.30h os membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acudiron aos xulgados de Ferrol para presentar un escrito de autoinculpación dirixido á Fiscalia, diante do proceso aberto contra 60 mariscadores da Confraria de Ferrol polo feitos acaecidos en Maio de 2007, cando foi impedida a entrada na nosa Ría do buque gaseiro Galicia Spirit cargado con GNL para subministro da planta de Reganosa. Unha acción decidida polo CCE e na que participaron representantes dos diferentes colectivos que forman parte do CCE e da Asemblea Cidadá .

Os asinantes do documento estiveron acompañados por unha representación dos mariscadores da Confraría de Ferrol imputados polos feitos.

Lembróuse que a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da Ría a pesares das sentencias de ilegalidade dictaminadas polo TSXG, constituen a raíz do problema. De ahí o compromiso do CCE durante 10 anos de loita contra a sua ubicación na defensa da legalidade, da vida, da Ría e do Patrimonio.

Álbum fotográfico

RELACION DE INCULPADOS

(máis…)