Posted tagged ‘fiscalía’

Denuncia de novas irregularidades nas contas de Reganosa

Novembro 7, 2008

rr1

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, representado por Eliseo Zaera, Luz Marina Torrente, Humberto Fidalgo e Manuel Rodríguez Carballeira, compareceu hoxe ante os medios de comunicación, nos locais do Ateneo Ferrolán, para dar conta a opinión pública do novo escrito presentado á Fiscalía do Tibunal Superior de Xustiza de Galicia, no que se denuncian novas irregularidades nas contas de Reganosa.

Fiscalía

Humberto Fidalgo Couce con DNI —- y con domicilio a efectos de notificación en el apartado de correos 481 de Ferrol, miembro del Comité Ciudadano de Emergencia para la defensa de la Ría de Ferrol, Vicepresidente de ADEGA-Trasancos e Manuel A. Rodriguez Carballeira con DNI ——, Coordinador del Comité Ciudadano y actuando en su representacion, Exponen:

Queremos informar que a pesar de la peligrosidad e ilegalidad de la Planta de gas de Reganosa sobre la que pesan tres sentencias del Tribunal Superior de Galicia en contra de su instalación, todos los contribuyentes hemos comenzado ya a pagarla:

1- REGANOSA, una sociedad totalmente privada, recibió este año unas retribuciones del Estado por un importe de 44,2 millones de euros. Unas retribuciones inmorales que suponen más de 1 millón de euros /año por cada trabajador de la empresa.

2- Esta sociedad mercantil que vive fundamentalmente de los fondos públicos, lleva manejando, desde el año 2004, dos presupuestos distintos con ánimo de defraudar

(máis…)

Resumo roda de prensa 6 de xuño

Xuño 7, 2008

RESUMO DA RODA DE PRENSA CONVIOCADA POLO CCE O 6.06.2008

Hoxe venres 6 de xuño, ás 12 horas, no Salón de Recepcións do Pazo Municipal de Ferrol, onde están pechados desde o pasado martes varios membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, en demanda de que o Goberno Municipal asuma unha postura clara de rexeitamento a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da Ría, tivo lugar unha comparecencia do CCE ante os medios de comunicación, na que abordaron tres cuestións fundamentais:

1.- Denuncia ante a Fiscalía Anticorrupción de Madrid.

Este CCE presenta ante a Fiscalía Anticorrupción unha denuncia do que considera unha operación fraudulenta, protagonizada polo Ex -Presidente da Xunta de Galicia, Sr. Fraga, o Ex –Conselleiro de Economía, Sr. Orza e o Presidente de Reganosa, Sr. Tojeiro.

Trátase dunha estafa a todos os consumidores e á normativa de retribucións do sistema Gasístico Nacional, consistente en pagar, con fondos públicos, uns prezos exaxeradamente altos, para instalar unha Planta de Gas en terreos dun socio de Reganosa – o Sr. Tojeiro -quen se embolsa nesta operación 30 millóns de euros (case 5.000 millóns de Ptas.), que van constar como activos (inflados artificialmente) de Reganosa, a quen, con diñeiro público, o Sistema Gasístico reintegrará con altos intereses.
Esta operación fraudulenta é a que motiva a instalación da Planta nun lugar inadecuado, poñendo en perigo a toda a poboación circundante. Fronte a isto, hai que ter en conta que o Estado ofertaba, case gratuitamente, a ubicación no Porto Exterior.
A discusión non é se Galicia precisa ou non do Gas Natural, a discusión é se Galicia para ter gas debe someterse a estas graves irregularidades económicas e poñer en perigo a vida de milleiros de persoas e ao ecosistema dunha das súas mellores rías e os seus postos de traballo.

2.- Nova Sentenza do TSXG contra Reganosa.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o máis importante órgano xudicial de Galicia, acaba de dictar unha sentenza ( a terceira no mesmo senso) estimando a denuncia efectuada por varias Entidades Veciñais de Ferrol e Mugardos, na que sostén que a reforma do Plan Xeral de Ordenación Urbana realizada no Concello de Mugardos para modificar a cualificación do chan e dar cabida na súa actual ubicación á Planta de Reganosa, carece do obligatorio Estudo de Impacto Ambiental, que permitiría aos cidadáns coñecer a incidencia da modificación do planeamiento no medio ambiente e considerándose que a súa instalación nese lugar é ilegal e xa que logo, ilegal tamén a súa autorización de funcionamento.
Esta resolución do TSXG vén confirmar e avalar a posición mantida desde fai oito anos por este Comité Cidadán de Emerxencia en canto á ilegalidad da instalación de Reganosa no interior de nosa Ría.
Pon de manifesto así mesmo, as graves irregularidades en que incurrieron aqueles cargos públicos que desoyendo as advertencias e soslayando a normativa deron apoio coa súa firma a este cambio de usos.

3.- O CCE fai unha chamada á participación na Manifestación do próximo domingo 8 de Xuño,

para que deste xeito a cidadanía exprese o seu rexeitamento á ubicación desta Planta de Gas no interior da Ría, e ás novas ameazas que agravan o perigo sobre o noso ecosistema, os nosos postos de traballo, os nosos fogares e as nosas vidas:
– Voadura dá canle de entrada a Ría.
– Incremento dá capacidade de regasificación e de tráfico de buques perigosos no interior de Ría.
– Transporte de gas en camións cisterna.
Para os que din que a Planta xa está construída, aseguramos que hai numerosos precedentes de casos similares nos que as Autoridades competentes tomaron as medidas oportunas para revocar a súa autorización ou trasladar a súa actividade.

Estamos a tempo de evitar unha traxedia,

EN DEFENSA DA VIDA, DA RÍA E DA LEGALIDADE DEMOCRÁTICA

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

Comité Cidadán de Emerxencia

Para a Ría de Ferrol