Posted tagged ‘Forestal del Atlántico’

Accidente en Planta fertilizantes – Texas

Abril 20, 2013

Waco1

O pasado dia 17, produciase no pobo de West (Texas-USA) a explosión dunha planta petroquímica , até agora e de xeito provisional van contabilizados 35 mortos e cerca de 200 feridos asi como unha gran cantidade de casas derrubadas. Non hai moito, os donos da empresa realizaran un informe, para a Axencia de Medioambiente, e nel se aseguraba a ausencia de riscos dunha explosión ou dun escape. Hoxe atopámonos coa triste realidade dunha nova traxedia.

Sérvenos de aviso para esixir o cese da actividade da planta de Reganosa, unha instalación ilegal – sentenza do Supremo do pasado 11 de Maio – e con una capacidade letal infinitamente superior á planta de fertilizantes que acaba de estoupar en Texas.

A planta de Reganosa almacena 150.000 tons de GNL, cunha equivalencia enerxética a 120 bombas atómicas como as lanzadas polos norteamericanas sobre Hiroshima, e está ubicada a carón dun complexo petroquímico – Forestal – a escasos 100 metros das vivendas de Meha, a 800 do Arsenal Militar, etc etc. A explosión ou fuga levaria por diante a vida de miles de persoas. É por iso a batalla inclaudicable do CCE na sua esixencia do cese da actividade de Reganosa antes de que se produza unha previsible traxedia.

¡Reganosa ilegal e perigosa¡

¡Planta de Gas fóra da Ría¡

Máis información:

El Mundo.América.

ABC.es

Advertisements

Petición do CCE ao Valedor do Pobo

Marzo 31, 2011

 Extracto do escrito que o CCE dirixe ao Valedor do Pobo:

Na noite do 19 de Abril de 2010 tivo lugar un incendio no complexo petroquímico de Forestal del Atlántico (Punta Promontorio –Concello de Mugardos) a 200 m da Planta de gas de Reganosa no interior da Ría de Ferrol, no mesmo momento no que se procedía a descarga de 58.372 Tons de GNL polo gaseiro “Madrid Spirit”. Esta situación foi de máximo perigo para todos os que vivimos na contorna da Ría, debido ao efecto dominó que puido ocasionar unha explosión nos depósitos de Forestal del Atlántico. Os bombeiros de Ferrol conseguiron controlar o incendio despois de dúas horas de traballo. A pesar do ocorrido non se activou o Plan de Emerxencia de Forestal, nin o de Reganosa.

Ningún organismo público (Dirección Xeral de Protección Civil, Concello etc..) alertou a poboación nin se pronunciou ao respecto.

Estes sucesos leváronos a dirixirnos ao Director Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia mediante escrito (4 de Maio de 2010) solicitando as oportunas aclaracións dos feitos. A xuntanza, entre representantes da Plataforma de veciños de Mehá, membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol co Director Xeral de Emerxencias e Interior (Antonio Villanueva Álvarez) e o Subdirector (Roberto Suárez Vázquez) tivo lugar o 4 de Xuño de 2010, nela o Director comprometeuse a entregar toda a documentación relativa ao procedemento de avaliación do incidente recollido no protocolo do Plan de Emerxencia Exterior de Forestal, así como tamén a implementar simulacros de emerxencia entre a poboación, ao que están obrigados, e que non fixeron ate agora.

A pesares do tempo transcorrido, e de sendos escritos enviados pola Asociación (17/Xuño/2010 e 19/Outubro/2010) solicitando a devandita documentación, o certo é que a mesma non nos foi entregado nin os plans de emerxencia implementados e actualizados cada 3 anos como esixe o RD 1196/2003 Directriz básica de protección civil para o control e planificación ante o risco de accidentes graves.

Por todo elo , Solicitamos a intervención de Vostede para obter da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia a devandita documentación e que os nosos dereitos a información e a protección sexan respectados.

En Ferrol a 28 de Marzo de 2011

Ler Escrito completo e anexos

(máis…)

Os cheiros de FORESTAL

Outubro 10, 2010

 

La Asociación O Cruceiro de Mehá atribuye el extraño olor existente en Ferrol y los municipios limítrofes a la empresa Forestal del Atlántico, ubicada en el término municipal de Mugardos. De ahí que hubiese solicitado una entrevista al secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, con el fin de hablar sobre un tema que ya denunciaron en otras ocasiones y que, según apuntan, “non só persiste, senón que é cada vez máis grave: a emisión de cheiros procedentes de Forestal del Atlántico”.

En la misiva se hace referencia a un escrito remitido por el citado departamento autonómico en el que se informaba de que, tras los análisis realizados por una unidad móvil, la conclusión era que las mediciones cumplían con la actual legislación. Sin embargo, según precisa la entidad vecinal, también se indicaba que representantes de Forestal habían reconocido una serie de circunstancias que pudieron dar lugar a la emisión de malos olores.
La asociación O Cruceiro sostiene que el problema continúa sin solución, motivo por el que pretenden saber a qué se debe la persistencia de los mismos y los resultados de los análisis que estaba previsto realizar el pasado verano.

Investigación > Mientras tanto, el Concello de Ferrol ha solicitado la intervención de la Secretaría Xeral da Calidade do Aire para que realice una investigación.

Publicado en DIARIO DE FERROL

Escrito e solicitude de entrevista coa Xunta de Galicia

Maio 5, 2010

A Asociación Veciñal “O Cruceiro” de Mehá – Mugardos, dirixiu un escrito ao Director Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia demandando información sobre o incendio ocorrido en Forestal do Atlántico, empresa contigua á Planta de Gas de Reganosa e amosando o grave risco a que estivo sometida a población da comarca.

Solicitaron, asemade, manter unha entrevista en representación do Comité Cidadán de Emerxencia co este alto cargo da Xunta para que explique as medidas de seguridade adoptadas durante o suceso.

Transcribimos a continuación o citado escrito:

Sr. Director Xeral de Emerxencias e Interior:

Como Presidenta da Asociación de veciños O Cruceiro de Mehá diríxome a vostede para expresarlle o malestar da veciñanza ante os feitos acaecidos na noite do día 20 de abril na empresa Forestal del Atlántico, situada no Concello de Mugardos e anexa á empresa Imegasa e á Planta de Gas de Reganosa.

Esa noite produciuse na mencionada empresa un incendio do que, polo de agora, non recibimos ningunha información. Ninguén se molestou en dirixirse aos veciños explicando as causas do accidente nin os riscos que correu a poboación.

É comprensible a preocupación que suscitou o tema, dada a proximidade desta empresa ás vivendas, máis aínda cando neses momentos atopábase na planta de gas de Reganosa un gaseiro que descargaba máis de 50.000 toneladas  de GNL. Cales serían as consecuencias se durante a descarga  se producira unha fuga de gas?

En primeiro lugar entendemos que non funcionou o Plan de Emerxencia Exterior. Ao día de hoxe non sabemos si soou a alarma ou non: hai veciños que oíron, sobre as sete da mañá,  unha sirea que os alarmou, pensando que viña dunha das empresas instaladas na parroquia, outros, ante o mesmo son, creron que se trataba dun barco.

Se a sirea soou, cremos que o fixo moi tarde, varias  horas despois de  que se iniciara o incendio, e ademáis foi confusa, de que vale unha alarma de emerxencia se a poboación non a pode identificar con claridade?

Se non soou, moito peor. Qué clase de Plan de Emerxencia Exterior ten a empresa se un incendio de tal envergadura non fixo saltar as alarmas?

Gustaríamos saber cal foi a actuación de Protección Civil ante estes graves fallos.

En 2º lugar lembrar que, como organismo que ten como misión a protección física das persoas e dos bens en situación de graves riscos colectivos, como foi o caso, lle corresponde a  difusión de alertas ante accidentes deste tipo. Pero non  só lles compete alertar, senón tamén informar e tranquilizar á poboación. Ningunha destas funcións se levaron a cabo nesta situación.

Por último dicirlle que ata hoxe esta asociación estivo esperando algunha chamada dos responsables do Plan de Emerxencia Exterior que lle dira algunha explicación sobre o sucedido. Como isto non ocurriu, somos nós os que nos poñemos en contacto con vostede coa esperanza de  que  nos consteste o máis axiña posible  aportando algunha información que poidamos transmitirlles aos veciños.

Atentamente.  Luz Marina Torrente López

Incencio en Forestal do Atlántico

Abril 23, 2010

NOTA DE PRENSA DO CCE
Incendio durante a descarga dun gaseiro en Reganosa
Na noite do lúns ao martes tivo lugar un incendio na empresa petroquímica de Forestal do Atlántico, estas instalacións son anexas a Planta de gas de Reganosa no interior da Ria de Ferrol. O incendio ocurriu  no mesmo momento no que se procedía a descarga de mais de 50.000 Tons. de GNL do gaseiro Madrid Spirit. Esta situación foi de máximo perigo para todos os habitantes da comarca, debido ao efecto dominó que poido ocasionar unha explosión nos depositos de combustible e sustancias tóxicas que almacena Forestal do Atlántico. Os bombeiros de Ferrol conseguiron controlar o lume despois dunhas horas de traballo.
Dado a escasa infomación do acontecido por ningún organismo público (Direccion Xeral de Proteccion Civil, Concello etc) sen pronunciarse ao respecto  nin advertir do sucedido aos veciños.
 Por esta razón o CCE denuncia unha vez máis a temeridade dos promotores da Planta de Gas e das Autoriades ao seguir consentindo a actividade dunha planta como a de Reganosa. Unha instalación que por 3 veces o TXSG dictaminou a sua ilegalidade e que foi construida sin cumprir o PXOM de Mugardos.
Esta planta ilegal supon un grave perigo para a vida de milleiros de persoas,  acelera a destrucción da Ría e é unha instalacion que produce un grave déficit económico ao sistema gasístico, que vimos pagando todos os cidadáns. Emplazamos aos organismos publicos, Protecciojn Civil, Concello para que aclaren o acontecido, solicitamos conocer se foron activados os plans de emerxencia destas empresas e insistimos unha vez máis no peche da actividade de Reganosa para evitar unha traxedia.
 
Ferrol, 23 de abril do 2010
 
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

O CCE ante o II Seminario Seveso, en Santiago.

Outubro 26, 2009

pg111

Os próximos días 26 a 28 de outubro, na sede de FEUGA (Fundación Empresa -Universidade Galega), en Santiago de Compostela, celebrarase o II SEMINARIO SEVESO, no que participarán entre outros, profesionais da seguridade industrial e técnicos estatais, municipais e autonómicos, para tratar problemas detectados na implantación da normativa, as solucións adoptadas e as perspectivas de futuro que se prevén.

 Na organización destas xornadas colabora, entre outras empresas e institucións, FORESTAL DO ATLÁNTICO e REGANOSA, establecidas no Concello de Mugardos. Empresas ámbas que incumpren flagrantemente a Lei Seveso, e cuxa perigosa localización vén denunciando desde hai unha década este Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Por este motivo, o luns 26, unha delegación deste Comité Cidadán de Emerxencia estará presente ao comezo do Seminario, para facer entrega, a todos os participantes, do comunicado que segue:

(máis…)

¿Que ocorreu en Forestal do Atlántico fai un ano?

Setembro 3, 2008

Un erro involuntario das datas do suceso, nalgunha web amiga, fainos lembrar novamente o incidente ocorrido na Planta de Forestal do Atlántico, en setembro do 2007, fai agora un ano, e do que ninguén deu explicacións a pesar do tempo transcorrido.
Tanto as Autoridades como os promotores desta instalación, que comparte espazo, interese e risco inducido coa Planta de Gas de Reganosa, deberían – para a seguridade e tranquilidade dos habitantes da contorna – dar algún tipo de explicación.

Enlace ás imaxes do suceso