Posted tagged ‘Forestal do Atlántico’

Alegacións do CCE á Autorización Ambiental de Forestal do Atlántico.

Novembro 9, 2019

Stitched Panorama   (Foto: En Haut)

Onte, a Asoc. Veciñal “O Cruceiro” de Mehá e a Asoc. Cultural Fuco Buxán, entidades integrantes deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, presentaron ante a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia, diversas alegacións contra a Autorización Ambiental Integrada da Planta de Forestal del Atlántico, S.A. que linda coa Planta de Gas de REGANOSA á beira da nosa ría.

A Administración, no exercicio da sua responsabilidade, debe impedir que “Forestal del Atlántico” e IMEGASA continúen as actividades que desenvolven fraudulentamente amparada  por unha autorización otorgada no ano 1977 para outros usos.

Ver RESUMO DAS ALEGACIÓNS

https://drive.google.com/open?id=1n4sTUq2jOTUx_M-qxkpsbWcad4XPofUH

 

Persisten os cheiros de Forestal. Solicitude de entrevista.

Outubro 14, 2010

 

A. VV. O Cruceiro de Mehá

ESCRITO DIRIXIDO AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

 A Asociación de veciños O Cruceiro de Mehá acaba de enviar un escrito á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental solicitando unha entrevista para tratar o tema da emisión de cheiros procedentes da empresa Forestal del Atlántico que, despois de todas as denuncias feitas, aínda segue sen solución.

Na petición de entrevista faise referencia a un escrito remitido por dita Secretaría no que se indicaba que continuarían as tomas de aire en varios puntos e que se instara á empresa a adoptar as medidas necesarias para minimizar a emisión de cheiros.

Coa xuntanza dita asociación pretende obter información sobre estes dous aspectos e, sobre todo, conseguir que se solucione o problema dunha vez por todas xa que os cheiros son cada vez máis persistentes e afectan negativamente na saúde e na calidade de vida dos veciños.

Ler o escrito

(máis…)