Posted tagged ‘Fuco Buxán’

Tino Deibe: un dos nosos

Maio 15, 2008

Tino DeibeO Comité Cidadán manifesta o seu fondo pesar pola desaparición de Tino Deibe, un dos primeiros en iniciar a andaina desta plataforma cidadá contra a ubicación da planta de gas no interior da ría de Ferrol, hai xa máis de sete anos.

Tino Deibe é ademais o creador do logotipo oficial do Comité; así como unha persoa estreitamente vinculada á Asociación Fuco Buxán, fundadora desta entidade.

Este venres ás 16 horas será o seu enterro civil en Catabois (Ferrol).

CARMELO: UN COMPROMISO COS DEMAIS

Maio 11, 2008

Vídeo de recoñecemento a Carmelo Teixeiro, realizado pola Asociación Cultural “Fuco Buxán” e que recolle retazos da súa vida de compromiso social, político, sindical e profesional.  

Máis información.

Martes 22 : Encontros coa Información

Abril 19, 2008

Organizado por  fuco buxán Asociación Cultural

 

Encontros coa Información

 

Martes 22 de Abril, ás 20 horas.

Galería Sargadelos – Ferrol

Tema:

“¿Está Galicia en venta?”

 

Presenta: Victor García Novás, Directivo de Fuco Buxán

Interveñen:

Antón Masa, Presidente da Asociación para a Defensa da Ría (Pontevedra)

Xosé Mª García Villaverde, Secretario Xeral de Verdegaia.

Rosa Méndez Fonte, Directiva de Fuco Buxán e Doutora en Patrimonio.

Difunde o vídeo: Ferrol, polo mar e a vida

Xaneiro 5, 2008

Recoñecemento a Carmelo Teixeiro e proxección do documental “Ferrol, polo mar e a vida”

Decembro 19, 2007

O día de onte tivo lugar no C. C. Carvalho Calero, organizado pola Asociación Cultural Fuco Buxán, a presentación do documental “Ferrol polo mar e a vida” realizado polos asistentes a un Cursiño de filmación e montaxe de vídeo que a citada Asociación levou a cabo hai poucos meses, en colaboración coa ONG ACSUR – Las Segovias. Este vídeo está centrado na problemática da Planta de Gas, denunciando a súa ilegal ubicación e o perigo que supón para a vida da poboación e para a riqueza da Ría.

Fíxose coa colaboración e participación de varios membros do Comité Cidadán de Emerxencia e outros colectivos, tendo nel un papel destacado o Coordinador do mesmo, Carmelo Teixeiro, quen precisamente dentro deste acto recibiu o recoñecemento dos asistentes polo seu traballo de sempre en prol das problemáticas sociais da nosa comarca e especialmente pola súa dedicación, os últimos oito anos, ó Comité Cidadán de Emerxencia.

Participaron no acto, o Presidente de Fuco Buxán, Manuel Rodríguez Carballeira, os coordinadores do Cursiño, Silvia Chocarro (ACSUR) e Manuel Cendán (Fuco Buxán), e o ex Parlamentario europeo e autonómico e membro do Consello Nacional do BNG, Camilo Nogueira Román.

Trala entrega a Carmelo Teixeiro, da figura de “fuco buxán” elaborada no seu día por Isaac Díaz Pardo, símbolo da Asociación, da que foi membro fundador e primeiro Presidente, e as súas verbas de agradecemento e determinación de proseguila loita contra ese disparate de Reganosa e da súa seguridade na victoria final.

O acto tivo remate musical coa actuación do Grupo “A Revolta de Trasancos”.

Unha forte e entrañable aperta a Carmelo cos mellores desexos dunha rápida recuperación.

¡ Planta de gas fóra da ría!

Presentación do número 23 de “Razón Socialista”

Decembro 12, 2007

Razón Socialista 23

 

A Asociación Cultural “Fuco Buxán” Presenta o nº 23 da súa Revista semestral

“RAZON SOCIALISTA”“Pola rexeneración da Esquerda”

Lúns, 17 de Decembro, ás 20 horas

no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202 – Ferrol)

Intervirán:

José Torregrosa, Director de “Razón Socialista”

Arantxa Domínguez, Que publica neste número “Carta a unha muller maltratada”

Yolanda Díaz, Concelleira de Cultura, sobre “A muller na política de esquerdas”

A Revista presenta en portada a foto premiada polo Certame do Club de Prensa de Ferrol, “Galicia en foco” titulada: “Conflicto Reganosa” cuxo autor e Kiko Delgado. No seu contido figuran varios artigos relacionados coa Planta de Gas.