Posted tagged ‘Galiza non se vende’

Domingo 8 en Compostela, MANIFESTACION

Maio 5, 2011

 

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol participará na manifestación de GALIZA NON SE VENDE:

CONTRA O SAQUEO SOCIOAMBIENTAL DA NOSA TERRA”
“Terra viva e vida digna para tod@s”

Día: Domingo 8 de maio

Hora: 12:00 h

Lugar: Alameda/Santiago de Compostela

A rede Galiza Non Se Vende convídavos a participar na manifestación que se celebrará o próximo 8 de maio en Compostela, as 12 na Alameda. Os 60 colectivos que a forman continúan a diario a loitar, resistir, traballar, arelar, formular, construír, informar, concienciar a favor da nosa terra e na procura de dignidade e equidade. Vente expresar con nós por unha Galiza mellor.

Depois às 17h da tarde a Sala Nasa acolherá o último concerto da III Caravana de GNSV, onde actuarám os grupos Guintervan e GalegoZ, apresentados polo grupo de teatro Berrobamban.

 MANIFESTACION                                                           CONCERTO

O CCE na manifestación de Galiza non se Vende.

Marzo 22, 2010

‘Galiza non se vende’ manifestouse, onte 21 de marzo,  en Santiago en defensa do territorio, contra a ‘privatización’ do litoral e a especulación.

Unha representación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, estivo presente coa proposta que desde hai 10 anos leva adiante:

 ¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

 Na manifestación participaron representantes de máis de 60 Colectivos sociais, Partidos e Sindicatos.

Máis información en : http://galizanonsevende.org/?p=942

 Álbum fotográfico

Compostela, domingo 21 marzo: GALIZA NON SE VENDE

Marzo 18, 2010

GALIZA NON SE VENDE

Compostela, 21 de marzo de 2010, ás 12 na Alameda.

Manifestación contra a destrución do territorio

 PLANTA DE GAS FORA DA RÍA

Convocatoria:

A un ano da chegada do PP ao goberno da Xunta, comprobamos que, como se esperaba, vamos a peor. Este goberno, como os anteriores, segue o imposibel camiño do crecemento indefinido: producir máis para consumir máis, quimera inviábel nun planeta con recursos limitados.

Os recursos naturais son postos ao servizo dos intereses económicos e das grandes empresas, subvencionadas con cartos públicos, mentres que aumenta o desemprego e pechan os pequenos negocios.

Intentan manter un modelo que non serve, que nos espreme como persoas, destroza o medio ambiente e agranda as diferencias económicas entre os pobos e entre as persoas.

A nosa lingua e a nosa cultura son menosprezadas e atacadas por un goberno que se avergoña e renega delas. A Sanidade vai camiño da privatización total. O transporte público é escaso, caro, ineficaz e está en mans privadas. As infraestruturas viarias baséanse no transporte privado contaminante e insustentábel. O noso litoral entrégase ás construtoras para o seu grande negocio especulativo. As nosas rías seguen acumulando recheos e naves industriais en primeira liña de costa e uns alarmantes niveis de contaminación. Grandes zonas costeiras son cedidas ás multinacionais piscícolas, ao mesmo tempo que a pesca industrial arrasa os océanos e o marisqueo e a pesca de baixura tradicionais van sendo desmantelados. Cultívanse transxénicos nas nosas leiras, mentres se fomenta a desaparición do noso agro. A ordenación do territorio é inexistente, o que provoca graves difrerencias entre o interior e a costa. Louseiras e mineiras estragan as zonas mellor conservadas. A política forestal promove os cultivos de especies alóctonas e invasoras que sementan o país de incendios. O urbanismo caótico proxectase en función dos intereses económicos. A xestión de residuos basease na contaminante incineración.

Industrias perigosas e contaminantes seguen funcionando irresponsabelmente…

 É o tempo de unirnos todos e todas e paralizar as agresións á vida e á Terra!

É o tempo de esixir a participación da sociedade nos procesos de decisión.

É hora de saír á rúa e reclamar outro modelo económico e social.

Tod@s a Compostela o domingo 21!!!

 POLA PLANTA DE GAS FORA DA RÍA

Pola defensa do litoral.

Por unha ordenación racional do territorio

Pola soberanía alimentaria e enerxética

Por outro modelo de transporte

GALIZA NON SE VENDE!!!

Terra viva e vida digna para tod@s

 

http://galizanonsevende.org/?p=940#more-940

Sábado 20 en Cangas Manifestación: S.O.S. MASSÓ

Xuño 18, 2009

MASSOazul001

Tres anos de resistencia pacífica e diaria do Foro Social e dos mariñeiros de Cangas, ben merecen o noso apoio un día

MANIFESTACIÓN

O SÁBADO 20 ÁS 20 HORAS,

DENDE A ALAMEDA VELLA DE CANGAS

ATE O SALGUEIRÓN

 CONVOCAN:    Confraría de Pescadores “San José” de Cangas

Galiza Non se Vende

S.O.S. MASSÓ

 Na zona mariña de Massó (Cangas – Pontevedra) que pretende estragarse coa construción do porto deportivo faenan arredor de 500 persoas. Dela tense sacado máis dunha tonelada de ameixa nun só día. Pero tamén polbo, camarón, ostra, navalla… Os seus fondos de maërl son especialmente ricos en biodiversidade, dos máis ricos da ría, e constitúen unha zona de alevinaxe de moitas especies.

En terra este proxecto busca especular con 200.000 m2 para a construción de vivendas de luxo, hoteis e un centro comercial. Moitos deses metros cadrados son de dominio público, outros zona industrial e unha boa parte está cualificada como espazo natural protexido: Espazo Natural Barra–Cabo home.

 Desde hai máis de tres anos a oposición veciñal artellada en torno ao Foro Social de Cangas evitou o inicio das obras coa súa presencia e vixianza diaria no lugar para impedir o paso das máquinas, resistindo sempre pacificamente. Tres anos. Tódolos días. Pacífica e pacientemente.

Desde o pasado luns día 25 de maio, seis furgóns da Garda Civil e máis de 20 axentes están a protexer o desenvolvemento dos traballos dunha obra manifestamente ilegal.

 S.O.S. MASSÓ

 ATENTADO ECOLÓXICO

 PERDA DE 500 EMPREGOS NO MAR

 O MÁIS GRANDE PELOTAZO ESPECULATIVO DE GALICIA

PRIVATIZACIÓN DO MAR E O LITORAL

ILEGALIDADE E PREPOTENCIA POR PARTE DE

MARINA ATLÁNTICA

 USURPACIÓN DE TERREOS PÚBLICOS

 BURLA Á ORDENACIÓN URBANÍSTICA

 CARENCIA DE LICENZAS MUNICIPAIS

 ACTUACIÓN MEDIANTE FEITOS CONSUMADOS

TRAMITACIÓN FRAUDULENTA E ACTUACIÓN CORRUPTA DA AUTORIDADE PORTUARIA

UTILIZACIÓN DA GARDA CIVIL CON FINS PRIVADOS ILEGAIS

TRAIZÓN A PROGRAMAS E ACORDOS DE GOBERNO

 ATAQUE AO PEQUENO COMERCIO

 ABANDONO DO PATRIMONIO E DESPREZO

Á NOSA IDENTIDADE

 DEIXAMENTO DE COMPETENCIAS MUNICIPAIS

 DESLEIXO XUDICIAL

 MANIPULACIÓN DA INFORMACIÓN

 CRIMINALIZACIÓN DA OPOSICIÓN AO PORTO

 O momento de paralo é

AGORA

Galiza non se vende: 31 de maio en Vigo e 5 de Xuño en Ferrol

Maio 26, 2009

cartaz-gnsv-ferrol-vigo

Desde Galiza Non Se Vende queremos denunciar os contínuos maltratos e agresións que soporta o noso litoral, fruto da especulación salvaxe e deste modelo depredador de crecemento economico, que equipara medre e benestar social.
Por desgraza, todos os gobernos que pasan pola Xunta seguen unha política “desarrollista” de explotación dos nosos recursos naturais para reducilos a mera condición mercantil. Os costes deste desenvolvemento económico son a destrucción da natureza.

Por isto convocamos:

Unha grande manifestación nacional en Vigo o 31 de maio ás 12:00 que sairá desde a praza do concello e rematará na Praza da Estrela.
Un grande roteiro contra Reganosa polas rúas de Ferrol o vernes 5 de Xuño ás 20:00 h. desde o edificio da Xunta de Galiza.

Ler o Manifesto