Posted tagged ‘Galiza non se vende’

Hoxe 15 de febreiro en Compostela :Galiza non se Vende

Febreiro 15, 2009

img_1415

A convocatoria da Rede Galiza non se Vende, mobilizou hoxe a varios milleiros de persoas en Compostela,  coa consigna de : “Goberne quen goberne, Galiza non se vende”, para exixir unha política máis respetuosa co medio ambiente e o territorio.

 

Enlace a web de “Galiza non se Vende”

 

Enlace a web de “Vieiros”

 

Enlace a Album fotográfico

 

TEXTO ÍNTEGRO DO COMUNICADO LIDO NA PRAZA DA QUINTANA AO REMATE DA MANIFESTACIÓN DE GALIZA NON SE VENDE O 15/02/09

Compañeiras e compañeiros:

Volvemos hoxe aquí, un ano despois da última cita, porque sobran os motivos.

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos a nosa máis enérxica protesta ante o panorama que deixa este goberno disfrazado de progresista coas súas políticas ambientais e sociais que están destruíndo os recursos naturais de Galiza, a súa biodiversidade e o seu patrimonio humano e cultural. Políticas ambientais e sociais que significan a continuación das de gobernos anteriores no triste camiño de entregar o país ás grandes empresas multinacionais e ós grandes intereses económicos, utilizando o gasto público para alimentar este obsoleto e inxusto modelo económico e social.

Políticas que, xordas e cegas diante das fondas crises económica, enerxética e ambiental que vivimos, pretenden seguir, como se nada pasara, na senda imposible do “crecemento económico continuado e ilimitado“. Na trastornada senda de destruír máis, para producir máis, para consumir máis.

(máis…)

FERROL 4º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE

Febreiro 6, 2009

galiza_nom_se_vende

O próximo sábado dia 7 de febreiro, a Caravana de Galiza Non Se Vende fai unha parada no Ferrol, cun pasaruas, polas ruas de Ferrol, desde as 19:00 e un grande concerto na Sala Run Run, ás 22:00. Actuarán os grupos: Vai (guitarra, acordeom e violino, músicas do mundo) e Deskartes band (Ska desde Ponteareas)

Por un cambio de rumo nas políticas ambientais e sociais deste país, o

domingo 15 de febreiro,

coincidindo co derradeiro concerto da Caravana, os 57 colectivos que formamos a rede de Galiza Non Se Vende convocamos unha

manifestación nacional en Compostela, que sairá ás 12:00 da alameda.

 E terá o lema:

GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE

O 15 de febreiro tod@s a Compostela.

Ultimos artigos na web “Galiza non se vende”

Xaneiro 5, 2009

galiza_nom_se_vendeUltimos artigos en “Galiza non se vende”  :

A Terra Chá non se vende

 

Primeiro Concerto da Caravana Galiza non se Vende

 

A FEG pide a dimisión do Conselleiro de Industria

 

13 Novembro: Mobilizacións de “Galiza non se vende”

Novembro 13, 2008

img00026

Hoxe xoves 13 de Novembro, 6º aniversario do afundimento do Prestige

Unha representación do

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

mantivo un peche nos Pazos do Concello

de Ferrol e Mugardos

entre ás 10 e as 13 horas, coincidindo con outras movilizacións en moitos Concellos de Galicia, organizados pola

REDE GALIZA NON SE VENDE

En demanda de solucións aos problemas e agresións medioambientais que estamos a padecer.

 

Nesta Comarca, de xeito especial pola ameaza da

Planta de Gas de Reganosa

e do perigo do tráfico ilegal de gaseiros na nosa Ría.

 

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

Album de fotos do peche

Manifiesto e Mobilizacións de hoxe en Galicia

Hoxe, as 10 da mañán activistas dos colectivos integrantes da Rede Galiza Non se Vende iniciaron peches simultáneos nos seguintes edificios administrativos:

 

– Ferrol: Edificio do Concello.

– Mugardos – Edificio do Concello.

– Vigo: Edificios Administrativos da Xunta. r/ Concepción Arenal.

– Compostela. Consellería de Medio Ambiente.

– A Coruña. Edificio Administrativo da Xunta en Monelos.

– Ribadavia. Concello de Rivadavia.

 

Baixo o lema “Goberne quen Goberne: Galiza non se Vende” os activistas queren denunciar as políticas continuístas que seguen vendendo o País a intereses escuros, depredando, aplicando modelos traídos doutros lugares, provocando que Galicia perda de vez a súa idiosincrasia e se afiance nunhas prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais, enerxéticas, territoriais, alimentarias, relacionais, etc… que nada teñen que ver coas necesidades do País e das súas xentes, coa vida digna de quen hoxe habita a Terra e de quen poda vir despois.

 

(máis…)