Posted tagged ‘gas’

Con nocturnidade : Perigo real

Outubro 16, 2007

ckoutbro034.JPG 

Hoxe 16 de Outubro, seguindo a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia, unhas 300 persoas concentráronse no Peirao de Curuxeiras a partir das 19 horas, agardando o segundo intento de entrada, nesta xornada, do 9º buque gaseiro que arriba a Reganosa – o “Cádiz Knusten” que, cargado de 138.000 m3 de GNL, foi recibido cunha sonora e longa protesta. 

Unha vez mais, este Comité Cidadán, quere facer púbrica denuncia do perigo a que se está a someter á poboación de Ferrolterra coa ubicación da planta no interior da Ría e o tránsito por ela, o pé das nosas casas e das nosas vidas, dunhos gaseiros que xamais cumplirán os condicionados de seguridade. 

Nesta ocasión, fracasado o primeiro intento polas condicións climatolóxicas – cunha visibilidade de 1000 metros por debaixo do normativo – e sin que os modernos medios de auxilio a navegación, subministrados por Reganosa nún alarde mediático,  lles foran suficientes,  forzaron temerariamente o segundo intento, en condicións de calado extremo e nocturnidade, o límite do establecido na normativa de navegabilidade, co consentimento e complicidade da Autoridade Portuaria. 

Novamente este Comité Cidadán reafírmase na necesidade de seguir loitando – con tódolos medios legais ó noso alcance –  pola nosa vida, o noso patrimonio e a riqueza da Ría de Ferrol. 

¡ PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

Urxente: A Néboa aliada da cidadanía e do Comité Cidadán

Outubro 16, 2007

Hoxe Martes 16 de Outubro, o gaseiro non pudo acceder ó interior da Ría de Ferrol, por facerse imposible a navegación na mesma por estar pechada de néboa.

O que por si mesmo denuncia o engano que pretende Reganosa, cando nos dí que con modernos GPS podese entrar e sair da ría sen problemas.

Este feito ratifica as posicións mantidas polo Comité Cidadán, da singularidade da Ría de Ferrol e da ameaza que supón para a población a ubicación da Planta de Reganosa no interior da Ría, e a entrada de gaseiros. Plantexando ás Administracións competentes que non deben otorgar a licencia de explotación comercial á Planta. E asemade suspende-la entrada ilegal dos buques gaseiros cargados de GNL.

O Comité Cidadán de Emerxencia, CONVOCA A TODA A CIDADANÍA , para ás 7 desta tarde no Peirao de Curuxeiras, para desenvolver unha cacerolada de protesta contra a ilegal e perigosa entrada do “Cádiz Knutsen”.

¡ PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA DE FERROL!