Posted tagged ‘gaseiro’

XOVES 21 : CONCENTRACION (Gaseiro nº 45)

Maio 20, 2009

gaseiro45.1

Estando prevista a entrada do que seria o gaseiro nº 45

na Ría de Ferrol, chamado CHEIKH EL MOKRANI

 o Comité Cidadán de Emerxencia

convoca unha

CONCENTRACIÓN

 para o xoves,   21  de maio,  ás 7 da tarde,

diante do Edificio da Xunta de Galicia

(Praza Amada García – Praza de España – Ferrol)

 caracteristicas:

Bandeira .- Bahamas,  Eslora.- 220 m,  Manga.- 35 m,

Calado Máximo.- 10.75 m

 ¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

12 febreiro: CONCENTRACIÓN – Gaseiro nº 41

Febreiro 11, 2009

Enlace as fotografías e Vídeo da concentración máis abaixo anunciada

Album fotográfico

Vídeo

CONVOCATORIA

 

Está prevista para o xoves a entrada  na Ría de Ferrol do que será o gaseiro cargado nº 41, chamado “SOHARLNG” e cuxas caracteristicas son:

Bandeira.- Panamá,  Eslora.- 286.28 m., Manga.- 45.75 m., Calado Máximo.- 11.35 m., Capacidade.- 137.248 m3

 

Polo que o Comité Cidadán de Emerxencia convoca:

 

CONCENTRACION

 

Xoves, 12 de Febreiro, ás 7 da tarde

diante do Edificio Admvo. da Xunta de Galicia

Praza Amada García – Ferrol

 

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

CONCENTRACIÓN DE HOXE, 8 DE XANEIRO

Xaneiro 8, 2009

08-01-09_1911

Soportando o intenso frío, hoxe ás 7 da tarde, como cada ocasión na que un gaseiro cargado con GNL entra na nosa Ría, membros do Comité Cidadán de Emerxencia, concentráronse ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, para lembrar o perigo continuado a que de xeito irresponsable sométese a toda a poboación da comarca.
 

O “Cádiz Knutsen” que chegou hoxe, fai o número 38, e destes, case unha decena tiveron algún tipo de impedimento máis ou menos serio para entrar na Ría con normalidade, por erro de rumbo, por condicións adversas, tiveron que desistir do primeiro intento ou atrasar a súa entrada.
Este disparate, que tarde ou cedo rematará en traxedia, ten aínda solución:

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

Ver fotos da concentración              Ver Vídeo

Domingo 14 decembro: Concentración,

Decembro 13, 2008

img_0162

O gaseiro nº 37, o “LNG Lagos”, que hoxe sábado tivo que desistir da entrada na Ría, a causa do forte vento, intentará achegarse na tarde de mañá domingo a Planta de Gas, coa sua perigosa carga de GNL, polo que o

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca

 

CONCENTRACION

 

Domingo, 14 de Decembro, ás 7 da tarde

Ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia

(Praza de Amada García – Ferrol)

 

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

 

Buque: “LNG Lagos” – Bandeira: Bermudas – Antiguedade: 32 anos

(23 inactivo) – Eslora: 274,4 m. – manga: 42 m. – calado: 11,8 m.

– Capacidade: 122.255 m3.

Outro gaseiro que non pode entrar a Ría.

Decembro 12, 2008

1sokotofebrero-0011

Imaxe do “LNG Sokoto”

 

De novo un gaseiro cargado con GNL para Reganosa ten que abortar a súa entrada debido ás condicións meterolóxicas.

 

O “NLG LAGOS” un vello gaseiro de 32 anos de antiguedade (23 deles inactivo) tiña prevista a arribada a Ría de Ferrol o sábado 13 de Decembro, na pleamar da tarde, e vese forzado a desistir de cruzar o angosto canle da Ría debido as previsións de mar gruesa e ventos fortes que poderían provocar o seu desplazamento contra a costa e causar un tráxico accidente.

 

Estas situacións vanse producindo con moita frecuencia (néboa, temporal, vento, visibilidade…), e non fan outra cousa que reafirmar o tantas veces manifestado sobre a perigosidade e improcedencia da ubicación da Planta no interior da Ría, cando podería estar situada no Porto Exterior.

 

Así seguirá sucedendo, ata que un día, iniciada a manobra de entrada, o buque, véxase sorprendido por un cambio brusco non previsible das condicións metereolóxicas, ou que, por causa urxente, teña que abandonar  a ría no medio dunhas circunstancias adversas, entón, cando ocorra a desgraza, todos aqueles responsables que agora fan oídos xordos ás nosas advertencias serán os primeiros en lamentarse. Entón será xa demasiado tarde.