Posted tagged ‘gaseiros ría de Ferrol’

Denuncia ante a Fiscalía Anticorrupción

Outubro 5, 2011

 

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e outras entidades cidadás denuncian no día de hoxe -ante a Fiscalía Anticorrupción- as estrañas exportacións que veñen realizando desde Reganosa.

No día de hoxe atópase atracado nas instalacións de Reganosa o buque gasero SCF Polar, cargando 30.500 m3 con destino a Arxentina. Este mesmo gas foi descargado onte polo Catalunya Spirit, que o transportou desde Trindade. Este gas por tanto cruzará por dúas veces o océano Atlántico, antes de alcanzar o seu destino final.

Neste ano desde Reganosa saíron un total de 357.400 m3 de GNL o que equivale a 2,5 veces o consumo doméstico de Galicia de todo o ano 2010.

DOCUMENTO DA DENUNCIA (máis…)

Outubro 22, 2010

Está prevista a entrada do gaseiro cargado con GNL nº  77 na nosa Ría, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia, como é habitual, convoca:

CONCENTRACIÓN

Sábado, 23 de outubro 2010, ás sete da tarde

diante do Edificio da Xunta de Galicia

(Praza Amada García – Ferrol)

 Caracteristicas do buque:

Nome.- LNG LOKOJA,  Bandeira.- Bermuda,  Eslora.- 288 m, Manga.- 43 m,

Calado.- 10.60 m,  Capacidade.- 148.300 m³, 

¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!