Posted tagged ‘Gaseiros’

Luns 19 : CONCENTRACION entrada gaseiro nº 64

Abril 17, 2010

Prevista a entrada na nosa Ría do gaseiro cargado con GNL nº 64, denominado “LNG Madrid Spirit” , o Comité Cidadán de Emerxencia convoca

CONCENTRACIÓN

luns 19 DE Abril, ás 19 h.

diante do Edificio da Xunta de Galicia
Praza Amada García – Ferrol

as caracteristicas son:

– LNG Madrid Spirit
Bandeira- España
Eslora.- 284.8 m
Manga.- 42.5 m
Calado.- 12.20 m
Capacidade.-138.188 m³

¡Planta de gas fora da ría!

A concentración do pasado sábado, día 10 de xaneiro

Xaneiro 11, 2009

gaseiro-008

A precipitación da convocatoria, e o ser, para moitos, o terceiro día consecutivo de concentración ( 38º Gaseiro, Solidariedade con Palestina e 39º Gaseiro), non impedíu que medio cento de persoas asistisen ao chamamento do Comité Cidadán de Emerxencia, para reunirse fronte ao Edificio da Xunta de Galcia e rexeitar o temerario tráfico de gaseiros no interior da Ría, que esta comarca vese obrigada a soportar como consecuencia da ilegal e perigosa ubicación da Planta de Gas.
Dacordo coa postura mantida nos últimos dez anos, e conforme ao determinado na XX Asemblea Cidadá, estas concentracións se seguiran convocando cada vez que un gaseiro cargado de Gas Natural Licuado irrompa na nosa Ría, agravando a situación de perigo permanente e de deterioro ambiental, paisaxístico e laboral que estamos a soportar.

 

FOTOGRAFÍAS:   Album 1       Album 2       

 

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

Novo risco potencial na Ría de ferrol

Outubro 17, 2008

Onte, 16 de outubro, non lle foi posible ao LNG “EDO” arribar a Reganosa.  Uns minutos antes da pleamar, encheuse de néboa a boca e o interior da Ría, desistindo o buque da manobra de aproximación, e retrasando a súa entrada á próxima marea diurna.

A aparición da néboa nas nosas augas surxe de súpeto moitas veces .

Preguntámonos que pasaría, se esta circunstancia se dera xa inciada a entrada no canal. Co buque entre castelos, e sen visibilidade, sería probable que encallara.

¿Cal sería a reacción da poboación circundante, ó saber que un barco cargado de GNL, unha bomba flotante, estaba accidentado e próximo as nosas casas?.

¿Ou se por causa grave tivera que abandoar a ría e se pechara de néboa nese momento ¿

¿Saberían as nosas Autoridades que decirnos?.¿Saberíamos nos que facer?………..

A perigosa manobra do LNG Rivers na sua anterior visita

Xullo 30, 2008

Abondando no incidente do LNG Rivers, na súa arribada do 2 de xullo, pódese apreciar nesta carta náutica, a derrota seguida polo gaseiro o abortar o seu primeiro intento de aproximación a bocana da Ría. O calado do buque cargado de GNL e de algo máis de 11 m., e o baixo das Merloeiras atópase entre 11e 16 m da superficie.

A piques estivo de ocorrer unha desgracia, que no interior da Ría, sería unha traxedia.