Nesta fría e desapacible tarde de domingo (14 de Decembro), representantes do Comité Cidadán de Emerxencia, concentráronse – como é habitual cada vez que se anuncia a chegada dun gaseiro – ante o Edificio Administrativo da Xunta, para rexeitar a perigosa navegación dos buques cargados de GNL ao pé das nosas vidas.
Esta vez, por segundo día consecutivo, o “LNG Lagos”, o vello buque de 32 anos de antiguedade, non puido efectuar a súa entrada debido ás malas condicións meteorolóxicas, o que incrementa o risco dunha navegación, xa perigosa, a través da canle de entrada a Ría.
Malia coñecerse que o buque suspendera a súa arribada, mantívose a convocatoria de concentración, para poñer de manifesto, unha vez máis, o disparatado da ubicación da Planta de Gas no interior de Ría.
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!