Posted tagged ‘Homenaxe Carmelo’

Resumo do III Homenaxe a Carmelo Teixeiro

Febreiro 5, 2011

Emotivo homenaxe ao noso compañeiro Carmelo Teixeiro,cando se cumple o III aniversario do seu pasamento.
Para ollar as fotos do acto premede a ligazón

https://picasaweb.google.com/reganosa.ferrol/IIIAniversarioDeCarmeloTeixeiro#slideshow/

Para ollar os videos do acto premede a ligazón

http://artabra21.blogspot.com/2011/02/lembrando-carmelo-teixeiro-no-terceiro.html
(videos de Ártabra21)

Emocionada Homenaxe de Aniversario a Carmelo Teixeiro

Febreiro 7, 2009

carmeloaniv-036copiar-de-carmeloaniv-058

Na mañá de hoxe 7 de febreiro, baixo unha abundante choiva, celebrouse en Caranza, no Parque que moi pronto levará oficialmente o seu nome, a homenaxe de aniversario ao noso querido amigo e compañeiro Carmelo Teixeiro, fundador, impulsor e primeiro Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Este lugar, ao pé de nosa Ría, á que Carmelo tanto quixo e na súa defensa tanto traballou, onde fai un ano depositáronse as súas cinzas, e no que plantamos tres carballos na súa memoria, encheuse hoxe de emocións e de entrañable apoio para él, para a súa familia, e os seus compañeiros e amigos.

As intervencións de Montse Garel, do Comité de Emerxencia, de Mercedes Carvajales, Concelleira de Cultura, de Pilar Venancio, Presidenta dá A VV de Caranza, o emocionado poema de José Torregrosa, as palabras de Luz Mariña Torrente, pola A VV de Mehá, de Manuel Rodríguez Carballeira, Coordinador do CCE e Presidente de Fuco Buxán e de Juan Ramón – o seu fillo maior – en nome da súa familia, describiron con emoción e aprecio a traxectoria vital e humana de Carmelo, non só na súa faceta máis coñecida de loita contra a ubicación da Planta de Gas, de loita en defensa das nosas vidas e a nosa contorna, senón tamén os recordos familiares e de amizade e a súa longa e intensa actividade laboral, sindical, política e social, sempre en defensa das causas nobres e no propósito de transformar a inxusta sociedade que nos toca vivir.

A seguridade de alcanzar os obxectivos na tarefa iniciada por Carmelo, e de que o seu exemplo de traballo e de tenacidade axudaranos a conseguilo, marcou tamén esta xornada coa reivindicación – emocionada pero serena – de sempre:

¡ PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA ¡


Realizouse unha ofrenda floral de todos os presentes, mentres as gaitas entonaban a Marcha do Antigo Reino de Galicia, ante a placa colocada no centro dos tres carballos co seguinte lema:

CARMELO TEIXEIRO
1937-2008

IN MEMORIAM

 

“Descansa tu reposo merecido,

compañero de vida no acabada,

tu mensaje ya ha sido recibido …”

 

Ría de Ferrol, 5 de febrero de 2009

Pecharon este acto as palabras, de recoñecemento á figura de Carmelo, do Alcalde de Ferrol.

 

Album fotografico:    Enlace 1     Enlace 2